Consejos de seguridad relativos al nombre de usuario administrador en blogs WordPress

Debido a recientes incidentes de seguridad con algunos blogs que administro y alojo y que usan como CMS WordPress, he adoptado algunas medidas que aconsejo seguir a quien también administre este tipo de blogs:

  1. Instala un plugin de seguridad como el gratuito Wordfence y configúralo de tal manera que te avise de los accesos de aquellos usuarios que tengan permisos de administrador. Puede resultarte un poco coñazo recibir esos avisos cada vez que te conectas, pero te aseguro que por uno solo que recibas cuando no has sido tú quien se ha conectado, te merecerá la pena.
  2. No uses nunca admin como nombre de usuario: si ya lo usas, crea otro con permisos de administrador, haz log-in con él y desde ahí borra el otro usuario asignándole los posts a este nuevo usuario.
  3. No uses ningún nombre obvio como usuario con permisos de administrador: es decir, no uses webmaster ni el mismo nombre que el dominio.
  4. No dejes que el nombre de usuario que tenga permisos de administrador se vea desde fuera: usa la configuración de usuario en el panel de WordPress para que lo que aparezca como autor de los posts sea otra cosa. P.ej. si tu usuario es Pepe, haz que aparezca José, p.ej.
  5. Nunca uses como email asociado a un usuario con permisos de administrador, un email que sea obvio o fácil de adivinar o que figure publicado en el mismo blog. Una manera fácil de abordar esta medida es crear un alias de correo. P.ej. si ahora tu usuario tiene asignado webmaster@tudominio.com, crea un jefedelblog@tudominio.com (p.ej.) que dirija todo el correo a ese email real, y ponlo como email de referencia del usuario que sea administrador. Evita los info@tudominio.com, contact@tudominio.com, tudominio@tudominio.com y otros que puedan ser fáciles de advinar para un programa de crackeo automatizado.
  6. Usa contraseñas lo más seguras posible.

O fracaso do «crowdfunding» da Guía de Internet para organizacións sociais (#GIOSgz)

29/05/2013 2 comentarios

Cabeceira do proxecto GIOS en Verkami: Guía de Internet para as Organizacións SociaisHoxe 29 de maio remataron para o meu proxecto GIOS os 40 días de prazo que plataforma Verkami dá para xuntar apoios efectivos (compromisos de achegas) aos proxectos. Tras este prazo crowdfunding para elaborar, editar e distribuír este libro dirixido aos movementos sociais galegos, só acadou 390 euros dos 4.012 que calculara había costar facelo: é dicir, tan só un 9,72%. Isto só pode ser calificado como un rotundo fracaso.

Aínda que levo dándolle voltas a cáles puideron ser as causas deste fracaso xa desde hai tempo (víase que as achegas non só non eran cada vez maiores senón que se ralentizaba a súa chegada a cada semana que pasaba), e xa a finais da semana pasada cando vin que tuits coma este non obtiñan nin un só retuit, tiña claro que non íamos conseguir o obxectivo, quixen deixar ata hoxe a publicación deste reflexión ao respecto.

Que fallou neste proxecto?

En primeiro lugar analizaremos o propio obxectivo do proxecto. Non necesitan as organizacións sociais galegas formarse para aproveitaren mellor as posibilidades de Internet? Eu sego a pensar que si, porque a miña experiencia cotiá de moitos anos en contacto e colaboración con elas, desde dentro e desde fóra, así mo di. É algo que comprobo cada día, vendo carencias de todo tipo, desde pequenos detalles técnicos a grandes erros por falta de estratexia ou coñecemento do que ofrece a Rede. E por se está impresión subxectiva non fose pouco, recibín numerosos apoios (non falo de achegas expresas ao crowdfunding) de persoas que lle deron a benvida ao proxecto (por email, mediante redifusión en Twitter e Facebook, etc.). Copio aquí algunhas como mostra desta boa recepción:

paréceme un proxecto moi interesante, e ben planificado!

Muito interessante Manuel!

Góstame moito! (…) Moverei o crowdfunding!

Moi boa idea! Botareille un ollo.

Moi bo o contido e ben completiño.

A verdade é que o proxecto nos parece moi interesante.

[Na nosa organización] estamos moi interesados neste proxecto dende que o puxeches en marcha.

Por tanto ese non é o problema: necesitar, necesitan formación. E por se o índice proposto de contidos non se axustase optimamente ao que o público precisaba, fixen unha enquisa acerca das posibles melloras ou ampliacións, facendo o proxecto aberto á participación e case podíamos dicir que á demanda dos potenciais lectores. O problema cál é entón? Tentarei analizar algunhas posibles explicacións:

  • O formato non era o idóneo? Aínda que houbo algunhas críticas á licenza coa que se ía publicar o libro, non houbo críticas directas ao feito de que fose ser un libro, formato elexido conscientemente para facilitar que ninguén quedase fóra por non ser usuaria/o tecnolóxica/o avanzada/o, afeito a ler libros electrónicos. Procurei o formato máis cómodo e ao alcance de máis xente, co obxectivo tamén de que formase parte dos recursos bibliográficos das organizacións, para ser compartido entre os seus membros e pasado de man en man. Iso non creo que isto fose tampouco, por tanto, o problema.
  • Non tivo suficiente eco nos medios de comunicación? Aínda que medios como Praza Pública, Código Cero, Galicia Confidencial, Radio Fusión e Radio Cerna se fixeron eco (algúns moi eloxiosamente, por certo), por suposto tería vido ben máis difusión en medios de maior alcance. Aínda así, para a difusión que tivo, o apoio considero que foi demasiado escaso, é dicir, non foi proporcional á súa difusión pública; así que algo máis tivo que fallar. (Por certo que desde aquí dou de novo as grazas aos medios de comunicación que o destes a coñecer ao voso público.)
  • Foi un metaproblema? É dicir, foi un erro tentar financiar mediante Internet unha obra para os que non usan moito ou moi ben Internet? Se cadra aí pode estar un dos aspectos críticos que fixo fracasar o proxecto, aínda que estou convencido de que chegou a moita máis xente con capacidade e coñecemento para apoiar un crowdfunding que tan só 19 mecenas que rexistrou o proxecto. Así que pode que influira, pero penso que non foi decisivo.
  • O problema foi o medio de pagamento? Teño constancia de que algunhas persoas moi interesadas no proxecto tiveron algúns problemas para facer o compromiso de pagamento en Verkami, pois a plataforma só admite pagar con tarxeta de crédito. As empresas é doado que dispoñan dunha tarxeta de crédito para gastos, pero nas organizacións sen ánimo de lucro é moito máis difícil e raro. Mesmo os activistas en moitas ocasións non dispoñen persoalmente deste medio, cada vez máis difícil de conseguir pola situación financeira. Eu mesmo non dispoño de tarxeta, e polo tanto de ter querido apoiar un proxecto semellante tamén tería problemas para facelo. Velaquí un dos que penso puideron ser principais problemas, aínda que debo recoñecer que me estraña que se foi este o caso para moitos potenciais interesados, só unha persoa me preguntase cómo apoiar sen tarxeta… se cadra a explicación está en que eu xa publicara a resposta nas páxinas do proxecto en Verkami e por iso xa se deron por contestados sen acodiren a min directamente. A verdade é este punto non o teño nada claro:-/
  • Estaba dirixido a un público demasiado escaso? A propia xente de Verkami me apuntaba en varias ocasións que ao estar só dirixido a ONGs e similares, e só galegas, o público era moi reducido. É posible, pero aínda así, das ducias de organizacións contactadas directamente por min ou que o coñeceron polos medios de comunicación alternativos que lle deron voz, e dos centos de activistas que contactei por email… parece demasiado escaso obter só 19 persoas/entidades interesadas. Algo máis tivo que fallar: o mercado era pequeno, pero non tanto.
  • Non interesaban as recompensas? Penso que claramente non foi este o problema, porque o propio libro xa debía ter sido suficiente recompensa, e podía obterse desde 10 euros, con envío incluído. Por se fose pouco, engadín variadas posibilidades a medida de todas as organizacións, mesmo con asesoramento de balde incluído, que podía ser online ou presencial, segundo a recompensa elexida. Así que non creo que fallase por este lado o crowdfunding.
  • Fallou a miña maneira de xestionar o crowdfunding? Penso en definitiva que é a única explicación que podo recoñecer como principal factor deste fracaso. Aínda que teimei moito e concentrándome nos primeiros días en bombardear por email a todos os meus contactos que coidei podían estar interesados en apoiar ou difundir o proxecto, está claro que non obtiven a resposta esperada deles. Se cadra me volquei demasiado no correo electrónico, deixando de lado medios que captan máis e mellor a atención dos usuarios hoxe en día, como as redes sociais online, aínda que tamén insistín moito, sobre todo en Twitter, a que máis uso, mesmo cunha hashtag propia (que por certo, apenas usou ninguén máis: é dicir, non xerei conversa en torno ao proxecto nesta rede de microblogging). Facebook, aínda sendo unha rede social que detesto por moitos motivos, tamén foi centro da miña difusión, cunha cabeceira permanente durante o tempo que durou o crowdfunding, e periódicos recordatorios expresamente enviados ou que saían automaticamente procedentes do meu blog principal.

    O problema de ter empregado o email directo a potenciais interesados pode que me expusese a un dos problemas que temos todos (e as organizacións sociais tamén) hoxe en día coa Rede: a saturación de correos, parte do proceso xeral de infoxicación, de sobreinformación, de ruído dixital, que nos dificulta a selección e filtrado do realmente importante e a obtención de coñecemento útil. Procurei paliar este problema con asuntos claros e directos, que animasen a abrir a mensaxe… pero teño para min que boa parte dos centos de mensaxes que enviei durante estes 40 días non foron nin abertos, ou quedaron aparcados para tomar a decisión máis adiante ou para ir simplemente ler de qué ía o proxecto… e ao final a chegada de novos mails fixo que quedasen enterrados. É dicir a Guía tería sido —se esta hipótese é certa— vítima dun dos problemas que quería combater, o cal sería tristemente paradoxal.

    Por se esta actividade difusora non abondaba, tamén tivo o proxecto presenza no meu blog mediante un artigo (talvez debera ter publicado máis?) e o widget de Verkami. Mesmo crei unha páxina no meu wiki persoal referida ao proxecto. Agora penso que foi demasiado pouca presenza e debía ter insistido máis e de maneira máis diversa con contidos de función promocional.

    Procurei tamén levar un control e rexistro das accións realizadas, aínda que non fixen un plan de promoción online previo, como adoito facer cos proxectos que asesoro… Se cadra este tamén foi un erro importante e pequei dun dos propios fallos que pretendía combater co libro nas organizacións. En casa do ferreiro…😦.

    Tampouco dispuxen de demasiado tempo para xestionar ben o proxecto e iso puido ser outro factor que contribuíse ao fracaso: seica non cheguei a quen tiña que chegar, ou non polas vías que tiña que telo feito. Ao final é un problema que arrastran moitos dos proxectos que poño en marcha ou nos que participo: por falta de adicación e exceso de dispersión entre varios proxectos e actividades, acaban non collendo pulo dabondo e esmorecen ou fracasan directamente, como foi o caso. O meu reparto de tempo vital actualmente é bastante complicado e certamente moi ríxido, limitándome en moitas ocasións. A urxencia da colaboración con outros proxectos (nestes tempo nomeadamente a loita contra a minaría destrutiva) tamén lastra o avance do resto, e penso que isto tamén pasou nesta ocasión.
  • O público non percibiu que lle fixese falta o libro? Se cadra tamén houbo moito disto, porque aínda que as 19 persoas e entidades que se comprometeron a apoialo o fixeron sen dubidalo na maior parte dos casos, a inmensa maioría dos que o coñeceron, que leron o proxecto ou algún dos artigos que falaban del, á vista está que pensaron non o necesitar. Deixamos aparte outros problemas como a limitación da tarxeta… Se houbese verdadeiro interese, terían buscado o xeito (non é tan difícil localizar unha persoa amiga que pague por nós e nós darlle os euros en metálico). Por tanto penso que malia todos os demais fallos, incluídos os importantes erros que só son responsabilidade miña, houbo unha escasísima plasmación do interese. Ou as organizacións sociais galegas pensan que non precisan mellorar a súa formación para un uso óptimo de Internet ou ben por desleixo non materializaron ese interese nun apoio á publicación que eu propuña. Precisamente o descoñecemento de Internet pode ter o perverso efecto de facer que se descoñeza cánto é o que se descoñece. Non é algo tan raro, de feito sucede con moitos aspectos da formación das persoas: primeiro debes percibir que o teu coñecemento é escaso ou mellorable, antes de te interesares por amplialo. Pode que aquí tamén estivese outro fallo meu: se cadra debín ter falado máis (mediante artigos no meu blog, nos medios amigos…) de por qué as organizacións precisaban este libro. Estou seguro de que precisamente no campo de Internet, a percepción dos fallos é máis difícil: teño comprobado repetidamente como a ignorancia é moi atrevida na Rede, e en moitos casos a xente que fai mal as cousas en Internet adoita negalo teimosamente na práctica e pensa e actúa como se o seu uso de Internet fose perfecto. Se cadra hai algo disto en moitas organizacións: hai unha ou dúas persoas que levan o de Internet, e con iso teñen un certo poder na organización, un certo control. Se cadra por iso, aínda que se arrisquen a non mellorar, non quere facer explícita a súa carencia diante do resto de compañeiros… De todos xeitos, se este era un problema, podían ter apoiado individualmente o proxecto, sen ter que pasar pola organización recoñendo: “Ollade, preciso que nos fagamos con esta Guía porque en realidade non sei tanto de Internet como vós credes”. Ou máis ben o que hai é simplemente unha sensación de autosuficiencia un tanto arrogante, que nos leva a pensar que non precisamos axuda, e que total, en Internet todo é de balde… por que habíamos de pagar por formarnos? En Internet hai de todo e se quero aprender a facer algo, xa o buscarei na Rede… É dicir, falta de conciencia sobre a necesidade dunha visión integral da Rede como contexto para a consecución coherente de obxectivos nas organizacións. Se foi esa unha razón do fracaso, entón a Guía foi vítima do propio problema que tentaba resolver.

En definitiva, non podo determinar obxectivamente a razón deste fracaso, pero directa ou indirectamente coido que se o proxecto non saiu adiante foi fallo meu en boa medida, por non ter trasmitido en toda a súa amplitude o que podía ofrecer e non ter feito ver aos que se podían beneficiar del, como podía repercutir na mellora do que agora fan (ou deixan de facer) na Internet. Haberá que aprender para outra…

Agora quedan as consecuencias do fracaso a nivel práctico. Tomo nota do sucedido e aplicarei certas conclusións á miña actividade:

  • Seguirei probando a vía do crowdfunding, aínda que probablemente noutras plataformas e noutras temáticas totalmente distintas, e tras un periodo de maduración destas primeiras reflexións.
  • As persoas que apoiaron o proxecto merecen todo o meu recoñecemento e buscarei a maneira de axudalas, aínda que non saíra adiante o libro que elas querían. O que non farei será volver tentar algo como esta Guía. Lamentablemente será un esforzo moito maior có que tería sido un só libro para formar nos aspectos fundamentais a centos de persoas.
  • Seguirei ofrecendo a miña colaboración na área de Internet ás organizacións sociais galegas, aínda que nunha escala e dunha maneira diferente a partir de agora, centrando moito máis os meus esforzos e seleccionando moito máis. Non podo evitar sacar de conclusión deste proxecto de Guía que moitas delas non recoñecen precisar axuda neste terreo e se consideran (na miña opinión, erradamente) autosuficientes.
  • Por outra banda, na miña situación vital actual e tendo en conta o contexto e evolución da nosa sociedade, non creo que volva haber unha oportunidade para realizar unha publicación que forme nestes temas ao conxunto do tecido activista galego, polo menos non pola miña banda. Se a guía non espertou interese dabondo entre os seus destinatarios finais, é difícil crer que unha editorial (ao fin e ao cabo un intermediario comercial) queira sacalo, e menos nas condicións dun pagamento por adiantado como facilita o crowdfunding. Se cadra outro/a autor(a) ten máis sorte ou outra maneira de facelo.

Google é o cacique de Internet

Teste que levar ben con el e acatar as súas normas se queres ser alguén na aldea (de Internet).

En que fallan máis os movementos sociais galegos á hora de usaren Internet?

01/05/2013 1 comentario

(Entrada publicada previamente no blog Textos de Casdeiro.)

Guía de Internet para as organizacións sociais - Un proxecto financiable mediante crowdfundingDentro do meu proxecto para unha Guía de Internet para as organizacións sociais galegas, gustaríame ir recollendo as opinións da xente implicada nos movementos sociais para detectar puntos que necesiten ser reforzados nesta obra que quere axudar a que usemos con maior eficacia a Rede para conseguir os nosos obxectivos.

Anímate a deixar a túa opinión e difunde entre outros colectivos para que deixen aquí, en forma de comentario ao final deste post, o que para eles é no que máis fallan, as maiores lacunas que teñen á hora de usaren Internet ou se pensan que usan este medio dunha maneira óptima.

Tendo as vosas opinións ao respecto en conta a Guía será máis completa e atenderá mellor as necesidades concretas e reais das nosas organizacións. Grazas pola vosa participación!

El IVA en los proyectos de «crowdfunding»

30/04/2013 1 comentario

(Entrada publicada previamente en el blog Textos de Casdeiro.)

Una asociación gallega se ha puesto en contacto conmigo para consultarme acerca del IVA en los proyectos de micromecenazgo colectivo o crowdfunding, al ver que yo he incluido una partida relativa a este impuesto en mi proyecto para una Guía de Internet en Verkami. Voy a tratar de resolver sus dudas en la medida de mis conocimientos sobre la cuestión, haciéndolo por medio de este blog y en castellano para que llegue a más personas que puedan tener dudas similares, advirtiendo que tan solo expongo mi experiencia pero que no soy asesor fiscal😉 Estos compañeros preguntaban lo siguiente:

Xa vin no desagregamento do teu proxecto que reservas un 4% para o IVE de Facenda e quería preguntarche que é o que sabes sobre as retencións de IVE que se poden aplicar aos proxectos de micromecenado. Nós somos unha asociación sen ánimo de lucro e non sei se podemos aplicar tamén ese 4%, menos ou máis pòrcentaxe. Agradeceríache que me contes brevemente que é o que sabes sobre isto ou se me podes orientar (…)

En principio lo del ánimo de lucro o no, no tiene relevancia con respecto al tipo impositivo de IVA. En este caso veis el 4% porque se trata de libros, pero cuando una asociación vende un libro su precio debe incluir el 4% de IVA igual que si lo vende una empresa, a menos que tenga reconocida la exención de IVA, para lo cual existe un procedimiento que deberíais consultar con Hacienda.

Por otro lado comentáis que he incluido ese 4% de IVA en el presupuesto de mi proyecto, pero esto no es ninguna retención. Simplemente, como el montante total del dinero que se reciba será en concepto de venta de libros a efectos fiscales, a cada persona se entiende que se le está a cobrar un PVP que incluye ese 4% de IVA. Por tanto entre los costes he considerado que debo incluir ese impuesto, pues de lo contrario tendríamos esta situación (usaré cifras simplificadas que no son las de mi proyecto, para facilitar la comprensión del cálculo): imaginemos que pedimos 1.000 euros para publicar un libro y que obtenemos 100 personas que lo apoyan con 10 euros. bien, esos 10 euros serían fiscalmente equivalentes a la venta de un libro, y por tanto se desglosaría el PVP de 10 euros en 9,615 euros de precio neto + el 4% de IVA sobre ese precio que serían los 0,385 euros que después tendríamos que declarar a Haciendo e ingresarles (o descontar del IVA que nos repercuta a nosotros la imprenta y otros proveedores, en la declaración trimestral). Si no hemos tenido en cuenta ese coste en nuestros 1.000 euros y son simplemente el coste de la imprenta (excluyo otros gastos por simplificar), tendremos un problema, puesto que a la imprenta tendremos que pagarles 1.000 euros pero a Hacienda 40 euros ten total. Y ¿de dónde los sacaremos si sólo hemos recaudado en total 1.000? Así, los cálculos mejor planteados tendrían ese IVA en cuenta y pondrían como total por conseguir los 1.040 euros, con lo cual el precio de venta (o aportación individual en el crowdfunding) sería de 10,40 euros, o sea, 10 euros + 0,40 de IVA que irían de cada libro, para Hacienda. Esto, por supuesto, es una simplificación, puesto que en realidad tendríamos que haber tenido en cuenta que a la imprenta había que pagarle 1.000 + 21% es decir 1.210 euros. Al hacer la declaración de IVA nos saldría: IVA soportado = 210 e IVA repercutido = 40 euros, con lo cual no tendríamos que ingresar nada, porque hemos tenido que pagar a nuestros proveedores más IVA del que hemos ingresado de nuestros compradores. Por eso, si en los cálculos de costes estamos incluyendo el IVA que soportaremos en cada una de las partidas, también deberíamos incluir el IVA que tendremos que ingresar en Hacienda y que saldrá de lo que ponga cada persoa o entidad que apoye el proyecto (este ha sido mi caso). Esto implica también que deberíamos hacerles una factura a cada uno de ellos. Claro que estoy partiendo de que las recompensas pueden entenderse como venta de servicios o productos: si no es el caso, habría que analizar si se considera una donación, p.ej.

Espero que esto haya aclarado la duda de esta asociación y de otras personas que estén pensando en su primer proyecto en una plataforma de crowdfunding. ¡Suerte a todos!

PS: Quisera añadir algunas explicaciones de la propia gente de Verkami al respecto del IVA aplicable:

los ingresos conseguidos con crowdfunding no tienen ninguna diferencia con los obtenidos de cualquier otro modo. Son considerados ingresos por actividad. Hay que pensar en declaración de iva, y todos los impuestos que corresponda.

Nosotros somos meros intermediarios. Os facturamos por nuestros servicios. Pero el dinero de la gente va de la gente a vosotros.

Con estos datos, creemos que lo mejor es que cada cual consulte con su gestor, ya que cada caso es diferente, tanto por el tipo de proyecto, como en que se va a gastar lo recaudado, como por el tipo de entidad fiscal que sea (autónomo, particular, s.a., fundación,….)

Cómo tener en cuenta correctamente las comisiones en tu proyecto Verkami

25/04/2013 1 comentario

(Entrada publicada originalmente en el blog Textos de Casdeiro.)

A punto de lanzar mi primer proyecto financiado mediante el crowdfunding de Verkami, me he encontrado con un problema de cálculo: cómo tener en cuenta de manera adecuada y lo más exacta posible las comisiones de la propia plataforma y de los bancos.

Verkami cobra el 5% del total del proyecto, y advierte de que los bancos por su parte cobran entre el 1,30 y el 1,45% también calculado sobre el total. El problema radica en que cuando calculamos los costes de nuestro proyecto, no sabemos ese total, pues el total incluye dichas comisiones. Es decir, tenemos que si nuestro proyecto va a costar 100, no podemos aplicar el 5% y el 1,45% a esa cantidad (=100+5+1,45=106,45), pues no sería exacto, ya que se calcula sobre el coste total, es decir, el que incluye las propias comisiones de Verkami y el banco. La diferencia no es muy grande si lo estimamos así, pero no es correcta. Si queremos hacer las cosas bien, tenemos que calcular de otra manera y averiguar cuál es ese % pero sobre el subtotal, es decir, sobre nuestra suma de costes antes de comisiones.

Si llamamos S al subtotal, T al total tras aplicar comisiones, tV al tanto por ciento sobre el subtotal que tenemos que asignar en nuestro presupuesto a Verkami, y tB al del banco, tendríamos un sistema de 2 ecuaciones:

(1) S * (1 + tV + tB) = T
(2) S + 0,05*T + 0,0145*T = T

Pero tenemos 3 variables, así que debemos buscar algo que nos relacione 2 de ellas para que el sistema sea resoluble. Dicha relación nos la da el hecho de que conocemos la relación entre las comisiones, que deberá ser igual tanto entre el 5% y el 1,45% como entre tV y tB. Por tanto:

(3) tV / tB = 5 / 1,45

Al resolver dicho sistema de ecuaciones obtenemos el siguiente resultado:
tV = 0,053447176 = 5,3447176% (comisión de Verkami sobre el subtotal)
tB = 0,015499681 = 1,5499681% (comisión máx. de bancos sobre el subtotal)

Por tanto esas son las comisiones que tendremos que introducir en nuestra hoja de cálculo para obtener el total del presupuesto que pongamos en Verkami.

En el ejemplo anterior, si el presupuesto era de 100 euros (es una cifra de ejemplo por simplificar, pero Verkami sólo admite proyectos de más de 800 euros) antes de comisiones, al aplicar esas tasas obtenemos: 100 + 5,3447176 + 1,5499681 = 106,8946857. El 5% de eso es 5,344734285 y el 1,45% es 1,549972943: como veis, es sumamente ajustado a los cálculos previos a que conociésemos el total. Si lo hubiésemos calculado aplicando el 5% y el 1,45% incorrectamente sobre el subtotal, por simplificar, hubiésemos obtenido un total de 106,45 euros, es decir una desviación con respecto al presupuesto real, de 0,4446857 euros por cada 100, es decir, del 0,44%. Esto, en un proyecto de 1.000 euros apenas serían 4,44 euros, pero si queremos hacer bien las cosas y no perder esos 4,44 euros que se detraerían de nuestro subtotal, los tantos por ciento que aplicar deberían ser los obtenidos anteriormente.

O último en manipulación informativa na Internet: La Voz de Galicia

É coñecido —e amplamente denunciado— o apoio interesado que La Voz de Galicia e todo o seu grupo mediático está a prestar ao brutal proxecto mineiro que está a preparar en Corcoesto (Bergantiños).

O que me sorprendeu hoxe foi coñecer unha nova e sutil forma de manipulación informativa que están a usar en Internet, xogando a darlle a volta a un titular na URL da nova. Así, a páxina da nova titulada A plataforma cabanesa pide aos bancos que non apoien a mina de ouro, difunde xusto a mensaxe contraria para aqueles que só vexan a URL (...plataforma-cabanesa-pide-bancos-apoyen-mina-oro) —p.ex. difundida por email— e non cheguen a facer clic e entrar a vela. Coido que non se trata de ningún erro informático nin que o seu xestor dinámico de contidos elimine os adverbios de negación automaticamente. Penso que se trata doutra sutil axuda ao proxecto da empresa Edgewaters, unha axuda agachada e bochornosa, aínda que non extraña nun medio que xa me ten dado suficientes mostras de ser parcial e retorcer a realidade na súa comenencia.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.