Inicio > De Technologia Retis > Agregando novas con Aggreg8

Agregando novas con Aggreg8

Despois de moito tempo volvo á carga. Esta vez para comentar (e recomendar) unha útil ferramenta para quen queira estar ao tanto das súas fontes de información RSS favoritas: chámase Aggreg8, provén dun proxecto universitario, é gratuito, moi doado de usar e só para Mozilla. Persoalmente vaime axudar a loitar conta a infoxicación, ao me permitir xuntar diversas fontes que consulto para me manter ao día. Por certo, que é unha mágoa que o Mozilla completo non dispoña da interesante característica Live Bookmarks que ten o Mozilla Firefox (versión só navegador); espero que corrixan este trato desigual nas próximas versións do programa completo.

Máis información sobre RSS na Wikipedia.
Tamén sobre outras ferramentas agregadoras.

Categorías: De Technologia Retis
  1. 14/11/2005 a las 6:46 pm

    Lamentablemente ten un fallo o Aggreg8. Se non tes a boa idea de gardar ou exportar dalgún xeito as fontes de novas (como arquivo OPML ou XML… ou sinxelamente copiar e pegar as URLs nalgures) como se che ocorra actualizar o Mozilla… has perder todas as fontes recopiladas!!! 😦 De feito foi o que me pasou. En fin, a ver se aprendo ;-D Como non hai mal que por ben non veña, ou iso din, vou aproveitar para pasar do Aggreg8 a unha especie de fillo seu, o Habari Xenu, que nese sentido é máis limpo pois garda as fontes como uns bookmarks máis e así sempre che han quedar no perfil. E co tempo xa irei recuperando aquelas fontes que tiña no Aggreg8 ou atopando algunha outra mellor sobre os temas galegos, internéticos ou da contrainformación. Ademais o propio autor de Aggreg8 tamén usa estoutro así que… 😉

  1. No trackbacks yet.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: