Archivo

Archive for 09/08/2005

Caixanova de novo tocando o carallo

  1. Observo online un dato erróneo no meu saldo.
  2. Envíolles unha mensaxe a unha conta de correo que tiña de anteriores comunicacións con eles.
  3. Recibo dese enderezo (enova@caixanova.org) a seguinte contestación, que se ma houberan dado nunha sucursal era como lles montar un expolio:

    Estimado señor(a):

    Este buzón no esta operativo para cualquier información o incidencia debe tramitarla a través de ‘Atención al Cliente’ desde el portal http://www.caixanova.es

Señores dos bancos e caixas online, xa está ben de nos tourear e tratar coma a borreguiños!!! A atención ao cliente debería ser a súa principal preocupación, e iso pasa por poñernos as cousas doadas! Por que carallo non teñen ese buzón redirixido a un que sexa atendido?

PS: Ah, e fun ao portal para descubrir que nesa sección pídenche ate o NIF para poder enviar unha consulta!!!! Imaxinades que cando entras pola porta do banco che piden o carnet para te poder dirixir ao señor da xaneliña? Por certo, saben en Caixanova que é ilícito (vid. LOPD) pedir datos persoais que non sexan necesarios?

Categorías: De Reti Commerciali