Archivo

Archive for 11/08/2005

As morenas da Euskadi profunda

As miñas improbables amigas vascasÁs veces os avances tecnolóxicos do marketing en Internet producen verdadeiros momentos de hilariedade. Se non, ollade para o anuncio que me presentaron nun web ao detectar pola miña IP que probablemente procedía de Derio-País Vasco-Spain. Aparte de que non acertaron por varios kilómetros (o meu fornecedor web si que vos está algo cerca dalí, pero uuuuui! por que pouco!!) o feito de facerme crer que as fotos desas ghichas con tan pouca cara de vascas, fíxome rir un bo cacho. De todos xeitos é significativo de cómo tratan de focalizar dun xeito segmentado xeograficamente todo tipo de anuncios. O marketing en Internet avanza e vai aproveitando todas as posibilidades da tecnoloxía, aínda que teñan que pagar a novatada dun anuncio ridículo coma este os máis avanzados.

Categorías: De Reti Commerciali