Archivo

Archive for 07/09/2005

Seguridad caducada del BBVA

Unos señores tan serios como los del BBVA y dejan caducar el certificado SSL de Verisign que usan en su TPV virtual… ¡ay, ay, ay! Que estamos en Setiembre y ¡¡¡¡les caducó en Mayo!!!! A ver si espabilamos…

1 blog por segundo

Pero Vieiros o que si é, evos unha interesante fonte de noticias:

A ese ritmo medra a comunidade de escritores de diarios internáuticos, segundo o estudo de Technorati, adicados á peneira de blogs. Din desde esta empresa que o total de bitácoras en internet supera xa os catorce millóns, que preto da metade se crearon no que vai de ano e que é de agardar que en só cinco meses a cifra volva duplicarse. Iso si, só detectaron un 13% que actualicen cando menos unha vez á semana.

O primeiro que comentar sobre esta noticia é criticar que os periodistas que escriben supostamente en galego non deixen de copiar o peor do castelán relacionado coa Rede. Ao noxentamente exitoso xénero feminino adxudicado á palabra web cando se refiere a web site, agora estamos contaxiando o noso idioma do absurdo bitácora para se referir aos weblogs ou blogs. Moléstanse estes periodistas que falan tan atrevidamente da Rede en mirar un dicionario antes de empregar un neoloxismo ou aplicar un novo significado a unha palabra xa existente?

Segundo o RAG unha bitácora é un Especie de armario ou caixa que os buques levan fixo á cuberta e inmediato ó temón, onde se garda o compás e outros obxectos, cerrado cunha ventá de cristal para o protexer da auga, po, etc. Así que xa me dirán qué carallo ten que ver iso cun diario on-line…

En calquera caso a noticia sobre o éxito dos blogs da moito que pensar. Evidentemente pasará como con todas as modas, que moitos decaerán e serán abandoados convertíndose nun equivalente dos gravesites. Pero o resto significan unha auténtica revolución da libre expresión e da democratización dos medios de comunicación. Os medios tradicionais xa están tomando nota, non sabemos se boa ou mala do asunto. De momento o caldo está a ferver, e xa veremos cómo sabe ao final.

Buscador de Vieiros

Carallo se é bo o sistema de busca neste directorio que cando fun procurar Res Retica poñendo res retica, como é lóxico, devolveume 3255 resultados!!!! Que coincidía: o espazo en branco, ou? ;-D

Categorías: De Technologia Retis, META

100 ¿mellores? webs galegos

Por que non está Fillos de Galicia nesta lista?