Archivo

Archive for 29/09/2005

Galiza Livre …mais exposta

29/09/2005 1 comentario

Xa hai varios días que souben do suposto ataque contra o web de GalizaLivre. Leo agora en REDsistencia acerca do tema e vexo que tocan un aspecto que xa me chamou a min a atención: unha cousa é borraren os atacantes toda a información, pero de aí a considerarmos o web como destruído… Iso só pode ser se a neglixencia, a desidia ou a incapacidade técnica impediran a GalizaLivre ter feito o que todo web -e mais se se sabe obxecto de vixiancia ou posibles ataques de presuntos inimigos- debería facer: unha copia de seguridade de todos os contidos do servidor coa maior frecuencia posible. En serio non tiñan feito un back-up? Ou, se o tiñan, por que falaren de destrución do web? Estamos ante un caso de vitimismo? Non o parece, visto que tiveron que trocar todo o web.

En calquera caso, e deixando a unha beira o tema de imprevisión á hora de salvagardar os seus arquivos, solidarízome con eles e expreso a miña máis enérxica condea deste tipo de actos de terrorismo internético fascistoide contra a liberdade de expresión.

Categorías: De Periculi Reti