Inicio > De Periculi Reti > Galiza Livre …mais exposta

Galiza Livre …mais exposta

Xa hai varios días que souben do suposto ataque contra o web de GalizaLivre. Leo agora en REDsistencia acerca do tema e vexo que tocan un aspecto que xa me chamou a min a atención: unha cousa é borraren os atacantes toda a información, pero de aí a considerarmos o web como destruído… Iso só pode ser se a neglixencia, a desidia ou a incapacidade técnica impediran a GalizaLivre ter feito o que todo web -e mais se se sabe obxecto de vixiancia ou posibles ataques de presuntos inimigos- debería facer: unha copia de seguridade de todos os contidos do servidor coa maior frecuencia posible. En serio non tiñan feito un back-up? Ou, se o tiñan, por que falaren de destrución do web? Estamos ante un caso de vitimismo? Non o parece, visto que tiveron que trocar todo o web.

En calquera caso, e deixando a unha beira o tema de imprevisión á hora de salvagardar os seus arquivos, solidarízome con eles e expreso a miña máis enérxica condea deste tipo de actos de terrorismo internético fascistoide contra a liberdade de expresión.

Categorías: De Periculi Reti
  1. 29/09/2005 a las 11:29 pm

    Para os interesados en ver cómo era GalizaLivre antes do ataque aconsello ir á WayBakMachine… mágoa que non teña ningunha captura deste ano: http://web.archive.org/web/*/galizalivre.org

  1. No trackbacks yet.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: