Internet, oportunidade de ouro para os ilustradores
Lendo a recente edición en castelán (penosa tradución por certo, a ver se Norma coida un pouco máis esta faceta da edición, porque ben caros que cobran os seus comics) de Singularity 7, obra do australiano Ben Templesmith, puiden comprobar que efectivamente, e tal e como sempre lle insisto a unha amiga miña ilustradora ela, Internet supón un medio invalorable de promoción para os ilustradores e debuxantes que están comezando e queren dar a coñecer a súa arte, para se abrir un camiño no dificilísimo mundo da ilustración (ou da BD) profesional. Comenta Víctor M. García nun texto incluido nesta edición de Norma:
Ben Templesmith (…) estuvo trabajando como empleado de limpieza de retretes a la vez que dibujaba (…) no daría el salto a los Estados Unidos hasta que Brent Ashe, director artístico de Todd McFarlane Productions, descubrió su página (sic) web y le ofreció trabajar en Hellspawn (…)
Isto quere dicir que os clientes potenciais dos ilustradores están usando a Rede para atopar novos talentos, e que un bo web pode supoñer a oportunidade de ouro para un ilustrador descoñecido ou pouco coñecido. Agora Ben Templesmith está no máis alto… grazas a que fixo un web. Bo, agora tenvos dous 😉 Templesmith e Templesmith Arts
Así que tomade nota, ilustradores, debuxantes e artistas gráficos de todo tipo: a Rede evos o mellor medio e o máis barato para chegar aos vosos posibles clientes. Facede un bo web, promocionádeo axeitadamente (imprescindible!) e algún día ha chegar a el ese cliente que supoña o voso salto á profesionalización.