Inicio > De Reti Commerciali > Caixanova: Vini, vidi… e toleou a un!

Caixanova: Vini, vidi… e toleou a un!

O maldito Vini dos demos!O novo sistema de seguridade (???) de Caixanova para os pagamentos por Internet volveuse un auténtico pesadelo. Co doado que era pagar coa tarxeta de crédito por Internet ate que se lles ocorriu inventar isto do Vini! Entre unhas cousas e outras, lévame costado varias horas en diversas operacións, viaxes á sucursal a asinar documentos que facían falla para poder usar o ditoso Vini, probas e máis probas, investigar pola miña conta cál era o problema, etc. Unhas horas que evidentemente Caixanova non me vai pagar. Resulta que primeiro tiña desvencellada a tarxeta do sistema eNova e polo tanto non podía contratar online o Vini para a miña tarxeta. Ale, viaxe a Bilbao para asinar un papeliño. Por certo, para descubrir que ese era o problema perdín horas e horas, e diñeiro en chamadas, porque a información que che dá o sistema eNova era errónea ou inexistente. Despois resulta que cando o volvo tentar contratar online me di que o contrato non está asinado! (???) Resulta que chamo ao 902 de asistencia para o usuarios do eNova e descubro que teño que asinar outro papeliño diferente para poder facer esa operación e usar o Vini. Ah, e a todo isto, sen o Vini a tarxeta quédame practicamente inutilizada en Internet, e soamente me deixa facer 1 operación ao día e de pequeno importe.

Ao final, tan contentos me teñen (por isto e por aquilo e o outro e o demais), que os vou propoñer para o premio á peor entidade bancaria en Internet. Voto por eles.

Anuncios
Categorías:De Reti Commerciali
  1. Aún no hay comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: