Galicia Aberta, tremendo jallejo, oístes!
Subscribinme ás novas do portal que a Xunta fixo copiando o noso de Fillos.org, e vexo que van polo camiño habitual. O título do boletín que me envían é un exemplo de bilingüismo armónico:
Boletín informativo de GaliciaAberta: gallego (Dende 12/12/2005 Ata 18/12/2005)
Se se supón que é a versión en galego do boletín… a que ven ese gallego en castelán? E dende pensaba eu que xa fora desbotado hai tempo pola Real Academia da Lingua Galega como barbarismo. E xa por rematar… non se prefere agora ate fronte a ata? Vamos, un premio para os encargados da revisión lingüística do portal. Como non se lles dea mellor o árabe…
Categorías: De Reti Publica, Filli Callæchiæ
Comentarios (0)
Trackbacks (0)
Deja un comentario
Trackback