Inicio
> De Reti Commerciali > Primeira editorial galega de contidos de libre distribución
Primeira editorial galega de contidos de libre distribución
Acabo de descubrir no apartado español do web de CreativeCommons que hai case 2 meses naceu a primeira editorial galega que distribúe contidos con este tipo de licenza: Ediciós da Rotonda. Noraboa aos fundadores, María (de TodoNada) e Berto (De AduaneirosSenFronteiras) e deséxolles moito éxito coa iniciativa, medido en número de descargas dos seus materiais, claro, que con este tipo de edicións ninguén vai esperar un éxito económico 😉 Aínda que eles son optimistas:
Edicións da Rotonda ten ánimo de lucro ou cando menos de supervivencia. Outra cousa é que o consigamos.
Categorías: De Reti Commerciali
Recomendo a todo o mundo interesado en publicar baixo este tipo de licencias que vaia ao web de CreativeCommons e use o seu formulario de selección de clase de licencia.