Inicio
> De Reti Publica, Filli Callæchiæ > Informe de RedeGalega.org sobre os webs municipais galegos
Informe de RedeGalega.org sobre os webs municipais galegos
Está merecendo bastante atención dos medios este informe que tiven a honra de dirixir. O alucinante é:
- Que ninguén pensara en facer este estudo antes.
- Que teñamos tantos concellos sen web.
- Que teñamos tantos concellos con web, pero a nome doutros.
- Que teñamos tantos concellos con webs practicamente inútiles.
- Que teñamos tantos concellos con webs que non cumpren as leis.
- Que teñamos tantos concellos con webs que non están en galego.
Lembro aos lectores que o informe está dispoñible para descarga desde RedeGalega.org. Xa levamos máis de 130 descargas desde esta mañá… esperemos que algunhas delas sexan feitas desde os concellos e que tomen boa nota.
Categorías: De Reti Publica, Filli Callæchiæ
Xa levamos 355 descargas. E cónstanos que algúns concellos comezan a tomar boa nota das nosas avaliacións.