Inicio > De Reti Commerciali, Filli Callæchiæ > A Confederación de Empresarios de Galicia e a LOPD

A Confederación de Empresarios de Galicia e a LOPD

Desde hai un tempo veño recibindo na miña conta xeral de Fillos de Galicia mensaxes promocionando diversos actos e convocatorias da CEG. O curioso do caso é que na última recibida viña una letra pequena (literalmente) ao pé da mesma que dicía:

En cumplimiento de la Ley Orgánica 15/99, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal, les informamos que los datos que figuran en esta comunicación están incluidos en un fichero automatizado, cuyo fin es ofrecer información sobre actividades y servicios de interés para la empresa. Si desean ejercer el derecho de acceso, rectificación o cancelación, dirijan un escrito a la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Rúa do Vilar 54, 15705 Santiago de Compostela.

Semella que o coñecemento e cumprimento dos responsables desta organización sobre a devandita Lei Orgánica (a famosa LOPD) é un tanto parcial. Porque para comezar deberían terme informado na miña inclusión nese fichero automatizado no que seica estou metido, cousa que non lembro teren feito. Nin lembro ter solicitado a miña inclusión nel.

Lémbrame eses pés de mensaxes que tanta difusión tiveron hai un tempo que dicían que por non sei qué normativa proposta (daquela nin tan sequera aprobada) no Congreso dos EEUU (mira ti o que nos pode afectar unha lei exclusiva do ámbito estadounidense) a mensaxe en cuestión non podía ser considerada spam dado que incluía unha maneira de se desubscribir. A xente escoita campás e non sabe ónde.

  1. No hay comentarios aún.
  1. No trackbacks yet.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: