Archivo

Archive for 07/04/2006

Dominio galego en marcha!

Supoño que os lectores galegos deste blog xa estarán ao tanto: deuse a coñecer un grupo de entidades que está a puxar pola obtención do dominio de primeiro nível para a cultura galega (o .GAL) tal e como reclamamos desde este mesmo web, desde RedeGalega, desde Fillos de Galicia (punto 10º do noso III Manifesto), etc. etc.

Esta iniciativa recolle o noso testigo, que á súa vez recollía o de Arnal, a empresa que primeiro puxo en marcha unha campaña deste tipo hai unah chea de anos, se ben de forma pouco consolidada.

Agora a facer ben as cousas entre todos e conseguir algo ao que temos tanto (ou máis!) dereito cós cataláns (.CAT).