Archivo
Archive for 26/04/2006
Os timadores van mellorando o cebo
26/04/2006
Deja un comentario
Lembrades as risadas que botei cando vin as rapazas que se me ofrecían nos anuncios persoalizados segundo a miña IP xeolocalizada? Ben, pois vanvos mellorando, tanto na pinta das rapazas como na lóxica xeográfica: agora en lugar de poñerme que todas son de Derio (concello onde está a sede do meu FAI) agora estiman que o máis probable é que estea nun dos 3 concellos máis poboados da provincia onde está Derio: Bilbao, Getxo e Barakaldo.
As técnicas do engano persoalizado progresan que son unha barbaridade 😀
Pero non deixan de amosar as posibilidades da Rede en canto a marketing. Coma sempre o sexo e a estafa van por diante do resto de sectores.
Categorías: De Reti Commerciali