Archivo

Archive for 30/04/2006

Novas ciberchilindradas en Res Rética

Desde hoxe temos un par de novidades visibles na columna dereita deste blog: unha delas é unha actualización do listado de grupos do LastFM/Audioscrobbler. Ate o de agora saía un listado dos grupos que máis escoitaban os usuarios galegos deste servizo… e agora o que se ve son os grupos que máis levo escoitado eu desque comecei a usalo, coa novidade de que se poden escoitar premendo no botonciño a carón deles, por se tedes curiosidade por os coñecer.

Outra novidade son os titulares de Chuza relacionados con Internet que veño de colocar grazas ao script que nos fornecen neste interesante web.

Categorías: META