Inicio > De Reflexionibus Reti, Filli Callæchiæ > A prol dunha plataforma musical galega ceibe

A prol dunha plataforma musical galega ceibe

(Desde a colonia galega de San Vicente de Barakaldo, no Día Europeu da Música, 2006)

Música galega en Copyleft xa!!!Despois de observar a medre das iniciativas que en torno e a prol da música libre de dereitos de autor (ou copyleft) están xordindo por todo o planeta, coido que chegou a hora de facer unha reclamación contundente:

É hora de dispormos dunha Plataforma Musical Pública Galega de Gravacións Copyleft.

Coido que o modelo a seguir é, novamente, Cataluña, coa súa Cultura Lliure, que xa ten editados 2 discos (Música Lliure I e Música Lliure II) , ademais doutros materiais.

En Galiza temos a moi loubable Regueifa (perdón polo deep-linking, pero o seu web con frames é insufriblemente innavegable a 800×600), e coido que debería tomarse como punto de partida, pero é necesaria unha volta de torca máis, de man da implicación dos axente públicos e sobre todo, dos músicos galegos, para nutrir esta plataforma e espallar a filosofía da música que non paga á SGAE.

E quero especialmente dirixir o meu chamamento aos músicos galegos que traballan no terreo da música tradicional e folk, xa que é preciso que o seu traballo non estea atrapado polos dereitos de autor, se queremos podelo distribuir masivamente entre os millóns de galegos do exterior, e así encher as pontes virtuais que estamos a constriuir na Rede, de contidos culturais audiovisuais, que permitan que os fillos e netos dos galegos coñezamos e desfrutemos da música de raíz do noso pobo, sen pagar peaxes inxustas a organismos que coidan calquera cousa menos o espallamento da nosa cultura.

Porque non podemos admitir cousas como que se reclamen cantidades desorbitadas (e aínda por riba independentes do número de oíntes!!) para emitir música galega por Internet a entidades culturais sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é dar a coñecer esa parte da nosa cultura que é a música, ou que unha tenda de discos galega non poida regalar un disco gratuito (coñecidos coma samplers) cunha escolma promocional de bandas galegas cando unha persoa lle merca outro disco comercial porque a SGAE lles esixe pasar por caixa, impedindo un espallamento de novos artistas que só pode redundar en novas vendas de discos, en contratos para concertos na emigración, etc.

Por iso fago este chamamento: á Xunta de Galicia, a toda a industria musical galega, pero sobre todo aos autores, porque na súa man está decidir poñer a disposición dos galegos de todo o mundo as súas obras nunha licencia Creative Commons, por exemplo, que protexe e recoñece a súa autoría, pero non grava a trasmisión cultural con taxas máis propias dunha forma de entender a cultura como algo exclusivo, coma un luxo ou coma un negocio. Os artistas poden vivir da súa obra, pero hai outras formas de o facer nesta nova época da cultura dixital.

Polo tanto é hora xa de termos un CulturaLliure galego, un ManComun da música. A Regueifa pode ser o xermolo, pero precisa un apoio público e social que lle temos que dar entre todos para convertilo nesa MusicaLibreGalega.org que queremos.

  1. 21/06/2006 a las 12:15 pm

    apoio totalmente a proposta. de feito vou lanzar o debate na lista das gaitas, l-gaita…

  2. Alberto Granja (K.G.)
    21/06/2006 a las 2:17 pm

    100% dacordo.

  3. 21/06/2006 a las 6:05 pm

    Grazas, goretoxo… é precisamente aí, na música tradicional onde penso que os emigrantes e descendentes máis podemos aproveitar. É absurdo que un modesto grupiño de tradicional rexistre con copyright os seus discos, que seguramente non comprarán máis cós amigos, e se pechen a posibilidade de que milleiros de galegos escoiten as súas obras, facer xiras pola emigración, etc.

  4. 21/06/2006 a las 7:18 pm

    ademais o modesto grupinho tradicional NON PODE rexistrar os temas, se son TRADICIONAIS!!!!!

  5. 21/06/2006 a las 7:22 pm

    por certo, a cc esta en galego:
    http://creativecommons.org/license/?lang=gl

  6. 21/06/2006 a las 8:48 pm

    Gracias polo link á CreativeCommons en galego, non a tiña a man cando o escribín.

    Por certo, para os que estades a preguntar: os comentarios deben pasar aprobación para evitar os comentarios automáticos cheos de links dos spammers.

  7. 21/06/2006 a las 10:40 pm

    De todos xeitos si que se poden rexistrar os temas aínda que sexan tradicionais. Ten en conta que non se rexistra a autoría da partitura, pero si que se poden xerar dereitos de autor polos arranxos, e en calquera caso, sempre pola interpretación. Ti pensas que unha interpretación da Orquestra X dunha obra de Mozart pode ser reproducida sen pagar, simplemente porque Mozart morrera hai 200 anos? Se non, olla os avisos legais en calquera disco de música tradicional a ver que pon.

  8. 22/06/2006 a las 12:08 am

    Un momento, un momento…

    E ocorréusevos falar ca xente de mancomun.org?

    Porque agora mesmo está orientada cara o Software Ceibe, pro eu sempre fun do pensar de que o software soio é outro aspecto da creación, como a música. Sería interesante ver se están dispostos a abrir o portal a outro tipo de contidos tamén.

    Se non, eu teño o dominio ceibes.org, que rexistrei no seu momento pra montar algo semellante (no meu abundante tempo libre). Sería bonito ter algo así como musicas.ceibes.org, videos.ceibes.org, deseños.ceibes.org, etc. Estou disposto a donalo se xurde algún proxecto así.

  9. 22/06/2006 a las 12:17 am

    acabo de solucionar o tema da dificil navegación a 800×600 😉

    logo como vedes o tema? sería máis util un único portal para TODA a música galega ou mellor por estilos? eu a verdade é que tento que A Regueifa esté aberto a todos os estilos. Logo está o tema da lingua, tamén entrarían os grupos que non usen o galego?

    por certo que non sei se coñecedes http://www.komunikando.net que se acaba de inaugurar e tenta ser un portal da música galega. iso si, non adicado a distribuir a música, só a crear rede sociomusical.

  10. 22/06/2006 a las 1:15 am

    Un momento, un momento…

    E ocorréusevos falar ca xente de mancomun.org?

    Porque agora mesmo está orientada cara o Software Ceibe, pro eu sempre fun do pensar de que o software soio é outro aspecto da creación, como a música. Sería interesante ver se están dispostos a abrir o portal a outro tipo de contidos tamén.

    Se non, eu teño o dominio ceibes.org, que rexistrei no seu momento pra montar algo semellante (no meu abundante tempo libre). Sería bonito ter algo así como musicas.ceibes.org, videos.ceibes.org, deseños.ceibes.org, etc. Estou disposto a donalo se xurde algún proxecto así.

  11. 22/06/2006 a las 6:49 pm

    Olá, Denís! Canto tempo. Pois moi pertinentes as túas indicacións. Si, penso que debemos xuntar esforzos e non desbotar o que está xa feito, senón procurar a unión de todos os proxectos.

  12. 23/06/2006 a las 10:23 am

    Pois sí, sí que levaba ben tempo sen dar sinais de vida. É que (oficialmente) estou de exames. 😀

    Pois iso, que semella que estamos dacordo. Eu falaba xa non soio de xuntar esforzos (que tamén) senón do bo que sería que eses esforzos estivesen coordenados nun grande portal, dividido en seccións á-la Slashdot (musicas.ceibes.org, desenhos.ceibes.org, libros.ceibes.org, novas.ceibes.org) que fosen independentes na xestión e na publicación de novas, que tivesen os seus foros e levasen os seus proxectos, pero que estivesen todas acubilladas baixo dunha identidade común, e cas novas de cada parte sindicadas baixo da páxina principal.

    Vamos, é unha idea.

    Por certo, non hai xeito de facer que isto avise no correo cando hai respostas? Era pra segui-lo fío dos comentarios, que senón vou a me esquencer. :o(

  13. 23/06/2006 a las 7:16 pm

    Non, Denís, xa o sinto. Pode que haxa algún hack ou plug-in do WordPress, pero coido que non paga a pena. Penso que isto haino que derivar canto antes a algún foro… estaba pensando se albergalo nos de RedeGalega.org pero estamos a ter moitos problemas de spam e pensaba retiralos. Non teño aínda claro cal sería o lugar, pensémolo.

  14. 23/06/2006 a las 7:19 pm

    Goretoxo, xa troquei a CC para galego. Grazas pola ligazón!

  15. Casdeiro
    02/07/2006 a las 7:47 pm

    Por certo, coido que habería que engadir a The Homens aos artistas que estarían a prol desta iniciativa: non hai máis que ler o seu web! 🙂

  16. 15/10/2006 a las 1:38 pm

    Acabo de lle enviar a Manolo Luna, quen dirixe o veterán programa de Folk en Radio3 Iberfolk, a proposta de que difunda este chamamento nas ondas, a ver se nos bota unha man.

  17. Casdeiro
    04/11/2006 a las 11:02 am

    Velaquí unha proba do que se pode facer para promocionar a música copyleft no mundo (galego!): Radio Fillos de Galicia, emitindo a música de Regueifa para o Planeta!!

  18. Casdeiro
    06/11/2006 a las 8:23 pm

    Eu é que me escarallo X-D

    Pedro Farré, de la SGAE: «El copyleft no tiene sentido en un mundo moderno»

  19. Casdeiro
    08/11/2006 a las 7:12 pm

    Veño de descobrir esta iniciativa de Escolar.net, e penso que habería que colaborar con eles, xa que esta demanda nosa entraría dentro dos principios que recollen nesa futurible ONG do copyleft.

    Moi interesante tamén a súa escolma de webs sobre música ceibe.

  20. 06/05/2007 a las 7:00 pm

    Novos descubrimentos da música copyleft galega!!

    http://www.radio-aturuxo.net O;-D
    http://www.directoriopodcast.proxecto-ds.com/?q=node/27
    http://fodiebarbaconna.com (tremendos, nenoooo!)

  21. 06/05/2007 a las 7:05 pm

    Máis referencias, esta vez do ámbito español: http://www.dpop.es/info/

    Isto xa é imparable, señores! Avante toda a música copyleft!

  22. admin
    29/07/2009 a las 8:05 am

    Carallo! Que pasou cos Fodi e Barbaconna?? Seica non renovaron o seu dominio e agora colléronllelo uns acaparadores de dominios? Booo… que mágoa! 😦

  1. No trackbacks yet.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: