Biblos, un pouco de coherencia
Aí atrás presentaron os amigos de Biblos Clube de Lectores o libro Software libre: Tecnicamente viábel, economicamente sotíbel e socialmente xusto do experto catalán no tema Jordi Mas. Desde este modesto blog o que me gostaría sería demandar un pouquiño de coherencia a Biblos e que usen tamén este tipo de software na súa tenda online (programada actualmente en ASP, e polo tanto seguramente ubicada nun servidor con Microsoft Windows e Internet Information Server). Habíamosllo de agradecer os usuarios, sobre todo os que non podemos facer pedidos no web pola súa incompatibilidade con navegadores que non sexan o Internet Explorer. A non ser que queiran seguir a liña das administracións públicas, como a Xunta de Galicia, sen ir máis lonxe, que moito promove o software libre, seica, e despois envía todas as súas notas de prensa en formato propietario de Microsoft Word. O software libre demanda coherencia, señores.