Inicio > De Reti Publica > Perplexo (Xunta de Galicia e Internet, capítulo enésimo)

Perplexo (Xunta de Galicia e Internet, capítulo enésimo)

Perplexo fiquei onte. Por unha mensaxe recibida da Secretaría Xeral de Política Lingüística en resposta a unha consulta miña sobre unha convocatoria de subvencións. Por varios motivos, que falan por unha banda de novos exemplos da incomprensible forma de traballar coa tecnoloxía na nosa querida Xunta, e por outra simplemente de novas ocasións que nos dan os funcionarios para a perplexidade. Por se tiñamos poucos.

A cousa foi que eu fixera unha consulta o día 18 de Xaneiro sobre a devandita convocatoria de subvencións. Por e-mail, xa que non conseguía falar por teléfono coa Secretaría Xeral. Pensei eu, na miña inxenuidade, que co correo-e aproveitaría a asincronicidade e evitaría o problema típico dos sistemas síncronos de comunicación, de que non cadrara que estaban dispoñibles os funcionarios cando eu os chamaba. Iluso!

O día 24 como non respondían, reenviei a mensaxe. Finalmente optei por insistir co teléfono ate que conseguir resolver a miña dúbida.

O máis chistoso do caso é que onte, 3 días antes do remate do prazo (ou o que eu pensaba que era o remate do prazo… vid. infra) para a presentación das solicitudes, recibín o acuse de recibo de ambas as dúas mensaxes (collín costume de enviar sempre á administración as mensaxes de e-mail con acuse de recibo e aconsello a todo o mundo que o faga, porque así poderán alucinar a cores ao ver canto tardan en ler os correos, se é que chegan a lelos, porque de todo pasa), e a contestación. É dicir, 3 semanas despois de ter enviado o meu e-mail. Moitas mensaxes deben ter que atender na Secretaría Xeral que tardan tanto, non che digo en responder senón tan só en ler as mensaxes. Para iso ofrecen o contacto vía e-mail? Para outro tanto case mellor que non deran ningún, porque levan á xente a engano. Paréceme algo que non é de recibo nunha administración pública de ningún tipo.

Comentario aparte merece a resposta en si. Por un lado venme dicir que a frase da convocatoria que eu non entendía, evidentemente quería dicir tal e cal… Parece que debía ser a persoa que me respondía a que redactou a convocatoria, porque iso que tan evidente lle parecía, para min non o era tanto, e cando conseguira falar por primeira vez coa Secretaría, nin a funcionaria que me atendeu nin unha compañeira a quen lle tivo que preguntar conseguían comprender o sentido daquela frase. Por outra banda, 20 días despois de lle ter feito a consulta vai e advírteme de que o prazo remata ao día seguinte. Xa lle contestei que menos mal que non estaba a esperar a súa resposta electrónica e decidírame había tempo a insistir por medios máis arcaicos… que se non, tíñao claro. E ademais foi moi curioso, porque para esta persoa que tan evidentes son as partes crípticas dos textos oficiais, parece que non o son tanto as partes que a outros nos resultan diáfanas. Porque eu entendía cando dicía o DOG que o prazo era de un mes a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución (9 de Xaneiro), que iso quería dicir que remataba o 10 de Febreiro. Pois non, segundo me dixo (menos mal!), remataba o día seguinte de cando ela me escribía: o 9 de Febreiro. Que alguén mo explique!

En fin, cousas veredes, e coa Xunta e tendo a Internet polo medio… aínda máis! 😦

Categorías: De Reti Publica
  1. admin
    12/02/2007 a las 8:24 pm

    Segue a miña perplexidade, polo visto a señora tiña razóns para contar os meses así:

    Sinto ter que aclararlle que os meses a efectos administrativos
    considéranse de 30 días e, polo tanto, o prazo de solicitude rematou o
    pasado día 9 de febreiro. Só se consideraría como último día o 10 de
    febreiro se fixera a matización de «… o prazo dun mes, contado de data a
    data…», en caso contrario son 30 días sempre.

    :-O

  1. No trackbacks yet.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: