Archivo

Archive for 12 abril 2007

Spam Karma actualizado en Res Rética

Harto de que a la versión anterior (1.20 alpha 2) de este plugin cazador de comentarios basura se le escapasen tantos en este blog (en Patada al Diccionario, sin embargo funciona bastante bien), me he decidido a actualizarlo instalando la versión 2.3. Veremos qué tal se porta.

Lo que sí espero es que su autor tenga más maña programando plugins que con su web, porque en la página del plugin he encontrado dos links rotos nada más probar, y al tratar de avisarle me he llevado un chasco con un formulario que no sé qué demonios hace pero no parece enviar nada. El propio Dave no parece muy seguro que de funcione, visto el aviso que pone al pie del mismo. Vamos, que me siento un poquito irritado con sus páginas. Espero que el buen comportamiento de su plugin lo compense. Spammers… ¡cuidado con el perro! ;-P

Categorías:De Periculi Reti, META

Traducindo os xornais españois en Internet

11/04/2007 2 comentarios

Tradutor ES-GL de xornaisXa hai tempo que quería comentar algo acerca da iniciativa de Vieiros, e despois seguida por moitos usuarios de Chuza, de ligar coas versions traducidas automaticamente ao galego polo Traduza-G da empresa Dimensiona, dos xornais electrónicos en lingua castelá. A min, en contra das loubanzas recibidas polo invento, non me parece unha idea que teña o máis mínimo interese, e penso que pode ser mesmo contraproducente. Tentarei explicar por que, partindo de certos feitos:

a) As traducións automáticas son sempre peores que as humanas. A propia Dimensiona o advirte no seu web.
b) Cantos usuarios do sistema saben galego e non saben castelán? Quero dicir, que… realmente para que queremos ler esas novas nun imperfecto galego cando as podemos ler nun mellor castelán?
c) Afacernos a ler un galego traducido directamente do castelán, imperfectamente, pode contribuir a meternos na cabeza castelanismos léxicos, gramaticais, etc. Non incorreccións, porque asumo que incorrecto non é… pero cando menos será moi calcadiño ao castelán.
d) Se aos xornais lles damos unha forma de se aforraren unha tradución profesional á nosa lingua, nunca nos ofrecerán contidos redactados no noso idioma. Para eles será moi cómodo responder: “¡Pero por qué nos pedís contenidos en gallego si ya tenéis todo el periódico traducido gracias a Dimensiona!”

Daquela, penso que non ten sentido nin utilidade real, que non lle tiramos proveito ningún ao asunto. E que tanto pola comodidade para os xornais, que xa teñen excusa para non ofrecernos novas na nosa lingua, como polo perxuízo que pode supoñer para a calidade da lingua, afacernos a ler un galego auto-calcado do castelán, coido que deberíamos pedir que se invistan esforzos noutras direccións, como por exemplo a de facilitar con ferramentas deste tipo a tradución / troco-de-normativa coas páxinas escritas en português. Iso si que coido tería moito máis interese. E ollo, que non quero dicir que esa ferramenta non teña utilidade, pero para o que o estamos empregando paréceme a min que non é bo.

…Pregúntome por que se farán certas cousas que se fan na Internet galega.

Categorías:De Reflexionibus Reti

Utilizabilidade no novo Vieiros: imos a mellor… ou a peor?

10/04/2007 2 comentarios

Apuxado pola fachenda coa que falan os presuntos responsables dos cambios na interface de Vieiros, debo deixar a miña opinión:

Para min a utilizabilidade (si, utilizable e non usable: penso que está mellor dito que un web se utiliza e non que se usa… non calquemos aos ingleses tamén para isto, por favor!) de Vieiros empeorou, cando menos en diversos aspectos:

  • As ligazóns xa non está subliñadas, e polo tanto o principio recoñecemento vs. memorización desfavorece o resultado acadado co novo Vieiros.
  • A cor azul é a que peor percibe o ollo humano e hai unha presenza moi importante desa cor no novo Vieiros, en elementos activos, ademais cun tono de azul especialmente pouco visible.
  • Desbotouse aos usuarios de resolucións 800×600 que agora debemos facer scroll vertical para ver algo practicamente desde o principio, e ademais a maqueta non colle en horizontal e debemos facer o molestísimo scroll horizontal para ler as columnas dereitas. E digo eu se o sacrificaren aos pobres usuarios atados aínda a pantallas pequenas foi algo consciente… e se así foi, pensouse que era preciso. Coido que hai exemplos de abondo de webs que se poden ver e utilizar moi ben a varias resolucións sen ter que sacrificar a ninguén (o propio Vieiros na súa versión anterior). Aínda que lendo o seguinte, xa vexo que os intereses dos usuarios -polo menos de parte deles- foron relegados por outros de carácter ¿comercial?:

    A reforma tinha que acadar um equilíbrio entre necesidades da empresa, as dos usuarios e recursos disponíveis.

Polo tanto a miña avaliación da presunta mellora en canto a usabilidade é máis ben negativa. O anterior Vieiros era moi doado de utilizar e non tiña problema ningún de visualización. Agora pode que houbera destacadas melloras funcionais, pero o resultado arastrou notables defectos no terreo da usability.

Categorías:De Reti Commerciali

Feiraco non se pregunta por que ninguén contacta con eles?

Despois das novas que foron aparecendo nestes últimos tempos sobre o tirapuxa dos gandeiros coas empresas que lles compran o leite, decidín facer unha visita ao web de Feiraco para averiguar se distribuían no País Vasco. Xa empecei mal: o .com correspondente non é deles… Despois atopeime á fin cun web moi pouco utilizable, cun excesivo emprego do Flash. Pero o peor de todo foi que o formulario de contacto non lles funciona. Coido lembrar que hai xa varios anos, atopeime con este mesmo problema. E digo eu: non lles extraña non recibir ningunha mensaxe de contacto por medio do seu web? Coido que é un indicio do pecado capital das empresas en Internet: non fan os seus proxectos de web cun obxectivo definido e cuantificado e así despois, non estabelecen mecanismos de seguimento para verificar se o diñeiro que investiron na Rede lles está a dar os resultados previstos. Se non, debían ter un obxectivo de contactos respondidos por medio do web, que loxicamente non se está a cumprir (desde hai anos!) porque o formulario non vai.

Categorías:De Reti Commerciali

A chuza anda revolta!

10/04/2007 4 comentarios

Hoxe fiquei sorprendido ao ver unha nova en Chuza que me levou a unha crítica moi dura dun dos seus usuarios máis destacado (Nemigo). A verdade é que aínda non me enteirei ben de que vai a película, xa que entrei no cine cando xa empezaran os tiros, pero ten toda a pinta de que hai dúas cuestións moi interesantes a debate:

  • O funcionamento dos sistemas sociais de promoción de noticias (Chuza, Menéame, etc.).
  • O modelo de financiamento publicitario de proxectos web

Ambos os dous son temas que me tocan moi de preto. O primeiro polas posibilidades de democratización que achegan ou poden achegar estes sistemas (vid. o meu fillo DemoTicias), e o segundo porque é unha vía de financiamento que tamén usamos en Fillos de Galicia.

Seguirei dando conta aquí e acolá das miñas impresións sobre o tema, e outro ao que nos pode levar… Que hai detrás da trangallada da Web 2.0?

Premios EGANET… a mellor

Cun pouco (bastante!) de retraso deixo constancia da honra que foi para min participar como xurado nesta edición dos premios EGANET. Faille a un sentir fachendoso que o seleccionen para avaliar o traballo doutros. Noraboa a todos os premiados, e mais á organización (sobre todo a Óscar Santos), que amosou unha grande receptividade cara ás miñas suxestións de mellora sobre o sistema de avaliación de webs e outros aspectos metolóxicos. De seguro que entre todos faremos unha selección para o ano que vén!

Categorías:Totum Revolutum

O novo Vieiros e as ligazóns

10/04/2007 3 comentarios

Non quería deixar de comentar algo que me chamou desagradablemente a atención do novo Vieiros, ademais doutros aspectos de utilizabilidade web que teo comentado no propio portal. Neste caso semella unha incoherencia en canto á propia filosofía do portal. Lemos en http://www.vieiros.com/vieiros/index/texto:creative_commons o seguinte:

“Os links son fundamentais para que a información flúa a través de internet. “

Estupenda perogrullada! Pero, se verdadeiramente pensan iso… Por que xa non permiten incluir ligazóns nos comentarios do novo sistema? E por que eliminaron centos (senón milleiros) de comentarios que existían na versión anterior do portal e que contiñan en moitos casos interesantes ligazóns cara a outros webs?

Imaxino que isto, como o resto de suxestións, queixas e comentarios que lles deixei, caerá en saco roto. Pero non quería deixar de salientalo aquí para coñecemento doutros usuarios deste decanos dos portais galegos.