Inicio > De Reti Commerciali > Utilizabilidade no novo Vieiros: imos a mellor… ou a peor?

Utilizabilidade no novo Vieiros: imos a mellor… ou a peor?

Apuxado pola fachenda coa que falan os presuntos responsables dos cambios na interface de Vieiros, debo deixar a miña opinión:

Para min a utilizabilidade (si, utilizable e non usable: penso que está mellor dito que un web se utiliza e non que se usa… non calquemos aos ingleses tamén para isto, por favor!) de Vieiros empeorou, cando menos en diversos aspectos:

  • As ligazóns xa non está subliñadas, e polo tanto o principio recoñecemento vs. memorización desfavorece o resultado acadado co novo Vieiros.
  • A cor azul é a que peor percibe o ollo humano e hai unha presenza moi importante desa cor no novo Vieiros, en elementos activos, ademais cun tono de azul especialmente pouco visible.
  • Desbotouse aos usuarios de resolucións 800×600 que agora debemos facer scroll vertical para ver algo practicamente desde o principio, e ademais a maqueta non colle en horizontal e debemos facer o molestísimo scroll horizontal para ler as columnas dereitas. E digo eu se o sacrificaren aos pobres usuarios atados aínda a pantallas pequenas foi algo consciente… e se así foi, pensouse que era preciso. Coido que hai exemplos de abondo de webs que se poden ver e utilizar moi ben a varias resolucións sen ter que sacrificar a ninguén (o propio Vieiros na súa versión anterior). Aínda que lendo o seguinte, xa vexo que os intereses dos usuarios -polo menos de parte deles- foron relegados por outros de carácter ¿comercial?:

    A reforma tinha que acadar um equilíbrio entre necesidades da empresa, as dos usuarios e recursos disponíveis.

Polo tanto a miña avaliación da presunta mellora en canto a usabilidade é máis ben negativa. O anterior Vieiros era moi doado de utilizar e non tiña problema ningún de visualización. Agora pode que houbera destacadas melloras funcionais, pero o resultado arastrou notables defectos no terreo da usability.

Categorías:De Reti Commerciali
  1. Ribas
    18/07/2007 de 8:44 am

    Penso, Manoliño, que te corroe a envexa.

  2. admin
    18/07/2007 de 6:08 pm

    O pensamento é libre. Está claro que non me coñeces, aínda que te permitas hipocorísticos comigo ;-D

    En troques de rexeitar os meus argumentos, é máis doado acusarme de taras morais. Ai que se foder. Que país! Que xente! >:-(

  1. No trackbacks yet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: