Archivo

Archive for 11 agosto 2007

Goodbye Adsense… Hello AdBrite!

Hoxe fixen por un fin un cambio que levaba tempo querendo facer: os anuncios que nalgúns dos meus blogs (este e mais Patada al Diccionario) promocionaban a descarga do navegador Firefox coa barra de Google, desaparecen para deixar paso a anuncios de AdBrite. A razón é a seguinte: aínda que os centavos que Google pagaba cada vez que alguén facía a descarga e instalación do Firefox non viñan ao meu peto, senón que eran ingresados na conta do Adsense da Asociación Cultural Fillos de Galicia, da que fago parte, eu non acababa de estar nada a gusto con eles nas miñas páxinas pola miña teima contra Google (o boycott pola súa colaboración coa ditadura chinesa), así que procuraba outro sistema que non tivese que ver con eles. E Yahoo! tampouco me servía (outros que tal!). Así que optei por AdBrite agora que por fin traballan con webs de fala non inglesa e de fóra dos EE.UU. Así que a ver como vai. Agora, os poucos ingresos que haxa, irán directamente para min, e espero que compensen aínda que sexa parcialmente os custos deste hosting.

var AdBrite_Title_Color = ‘0000FF’;
var AdBrite_Text_Color = ‘000000’;
var AdBrite_Background_Color = ‘FFFFFF’;
var AdBrite_Border_Color = ‘FFFFFF’;

Categorías:De Reti Commerciali, META

Analfabetos electrónicos

11/08/2007 4 comentarios

Non me deixará de indignar nunca o atrevida que é a ignorancia dalgúns usuarios da Rede. Porque o que non me extraña é que haxa esa ignorancia, de feito estamos a meter a millóns de persoas nun novo sistema de comunicación sen a máis mínima preparación sobre os seus códigos. É como se de súpeto tivésemos que compartir as autoestradas con milleiros de condutores noveles e sen carnet ao volante de coches do trinque.

Os problemas xorden cando te atopas nas ciberestradas con algún destes neointernautas (ou non tan neos) e che rifa por ires pola dereita, ou por non o avisar dun troco de sentido malia teres ti marcado correctamente cun intermitente do cal o analfabeto descoñece o significado.

É aí cando o internauta veterán se alporiza e lle ferve a cabeza. Como a estas alturas temos que aturar que alguén nos diga cousas como: “a min non te me atrevas a esmiuzar a miña mensaxe cando ma respondas” ou “é moi maleducado copiares e pegares as miñas frases” cando un emprega o clásico e practiquísimo quoting no e-mail, ou terlle que explicar a un interlocutor que se contesta por riba das mensaxes que responde, vólvese unha tolemia manter unha conversa mediante e-mails sucesivos!!? Ou mesmo ter que recibir unha bronca porque un necio de funcionario non sabe interpretar o emoticono máis sinxelo?

Se é que non deberían vender coches a quen non demostrou saber as normas de circulación! >:-(