Archivo

Archive for enero 2008

Adeus AdBrite… ola TradeDoubler

24/01/2008 1 comentario

Pouco durou a miña relación con AdBrite! Como non daban aparecido contidos nos espazos que lles reservara decidín volver a fornecer a Fillos de Galicia cos ingresos procedentes destas páxinas, sumándoos aos que obtén da rede TradeDoubler (e que de momento son moi moi pequenos, apenas 20 euros en varios meses de presenza dos seus anuncios… iso si, moi pouco optimizada por falta de tempo). Así que desde hoxe veredes anuncios desta rede neste blog cuxos ingresos xerados irán para a Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que fundei e na que traballo como xestor.

…Agora quédame optimizar (personalizar) os anuncios do SnapShots. A ver se fago un cacho para estudar as condicións e maneira de o facer.

PS: Aproveito para ubicar aquí unha mostra destes anuncios novos (hmmmmm… por algún motivo non aparece!):

var uri = ‘http://impes.tradedoubler.com/imp?type(img)g(17105150)a(1467352)’ + new String (Math.random()).substring (2, 11);
document.write(‘‘);

Ademais é dun bo antivirus! Non coma o do maldito osiño >;-P

Categorías: Filli Callæchiæ, META

Quen modera o moderador? (Ou: Reixa, por que non calarás!)

21/01/2008 7 comentarios

Encontro Empresarios Galegos en RedeHai unhas pouquiñas horas tiven a desagradable ocasión de comprobar o que ten de certa a fama de ogro de Antón Reixa. Eu non esperaba en absoluto a bochornosa actuación que había presenciar cando acudín ao Pazo de Congresos de Compostela a escoitar as intervencións do panel sectorial «TIC & Audiovisual» do I Encontro de Empresarios Galegos en Rede.

Ao remate das exposicións Reixa, nas súas atribucións de moderador do panel, invitou ao público asistente a intervir con preguntas e así comezarmos un debate cos empresarios alí presentes. A primeira pregunta foi para Sara Dobarro, de Comunicación Global, e cando esta ferrolá emigrada estaba tratando de a contestar, Reixa cortouna abruptamente cunha crítica feroz e maleducada que virou mesmo nun trato cruel, abusivo, inxustificado e despreciativo contra a Sra. Dobarro, quen non daba saído do seu asombro como a maioría dos presentes. A hostilidade que lle amosou Reixa fala moi pouco da súa educación como persoa e da súa profesionalidade. Ademais, o fondo da súa crítica e censura á panelista nin tan sequera tiña fundamento lóxico: segundo el, Dobarro quixera vender o seu proxecto de TV IP pangalega, e iso parecíalle mal porque alí seica non se estaba para iso, senón para facer negocios. Eu non sei que tipo de negocios se fan sen mercar & vender, igual Reixa si… non o explicou; nin sei como se van estabelecer alianzas, cooperacións, sinerxias… tratos comerciais calesquera se cada un/ha non explica o que ofrece e o que precisa.

Reixa chegou a descualificar ad hominem a Dobarro («no sabes comunicar») e a criticar aos organizadores por tela invitado («pois moi mal o IGAPE!»). Sara Dobarro recibira a invitación expresa dos responsables do IGAPE para expoñer o seu proxecto, segundo explicou despois, o cal descualifica totalmente o fondo da crítica de Reixa ao contido e obxectivo de dita exposición. Pero iso non quita para que as formas estiveran totalmente fóra de lugar. Daban gañas de soltalle desde o público a este resentido: «Acouga, McKeyhan, garda as pistolas que a señora non che fixo nada». Lamentable o espectáculo deste showman que seica é director dun cluster do audiovisual galego. Compadezco aos que teñan que asistir ás reunións dese grupo empresarial con Reixa presidindo!

Pregúntome, por outra banda, se o motivo real desta histérica reacción de Antón Reixa ten algo que ver con que Dobarro defendera a viabilidade (ou mesmo a necesidade) dunha canle de TV por Internet, xa que veu imediatamente ao maxín o Foro da Cidade da Cultura de hai algo máis dun ano, no que tiven a sorte de participar e no que defendín tamén unha canle IP, naquel caso para trasmitir aos galegos da diáspora os eventos e contidos producidos cando a Cidade estea en marcha.

Daquela Reixa descualificou tamén con arrogancia e desprezo a mera idea dicindo que canles de TV tiñamos de abondo como para crear outra en Internet. Aínda que non explicou se onde tiñamos canles abondo era en Galiza, en España, no mundo, na diáspora, ou en Internet. Será que tivo a sorte de non ter que emigrar nunca nin que tentar exercer o seu dereito a desfrutar da cultura galega como emigrante, dereito recoñecido legal e moralmente para calquera galego, viva no lugar do mundo que viva. Vamos, todo un coñecer da relación dos medios coas NTIC e todo un paradigma de solidariedade intergalega.