Inicio > De Reflexionibus Reti, Filli Callæchiæ > Proposta a prol da recuperación de aldeas abandonadas por medio de Internet

Proposta a prol da recuperación de aldeas abandonadas por medio de Internet

Hoxe estiven vendo na TVG unha información acerca das 1.200 aldeas abandonadas (a sumar ás 700 nas que só queda un derradeiro habitante) do noso país. E deille forma a xeito de bosquexo a unha idea que xa levaba tempo no meu maxín, aínda que fose parcialmente: como aproveitar Internet para empurrar pola recuperación destes lugares. Penso que a seguinte idea non costaría moito poñela en práctica coa cooperación das entidades locais e a nivel de consellarías, e que se integraría perfectamente como un servizo público para o movemento neorruralista ou de retorno e avivecemento do noso agro.

O miolo da idea sería a creación dun portal dirixido a todas as persoas de dentro e fóra de Galiza interesadas potencialmente en trasladarse a vivir ao campo, para ofrecerlles as axudas e informacións precisas para escolleren estas aldeas actualmente en perigo de morte. O internauta podería acceder desde el a informacións xerais sobre todo tipo de axudas para rehabilitación, instalación de negocias no rural, creación de cooperativas, formación, etc. que ofrecen as distintas administracións, cunha forma de contacto directa e rápida, integrando toda esta información lexislativa e administrativa.

Por outra banda debería haber unha base de datos para localizar estas aldeas, cun sistema de xeoposicionamento nun mapa interactivo. Ao chegar a cada ficha de cada aldea, teríamos unha páxina onde poderiamos ver fotos, servizos próximos, historia, características físicas, de entorno, paisaxe, valores… e tamén acceso aos inmobles e terros á venda nesa aldea, con contacto directo cos propietarios. Tamén estaría ben dispoñer de estudos públicos sobre propostas de actividades axeitadas a cada aldea, para dar ideas aos interesados e demostrar a viabilidade económica das áreas.

Unha terceira sección estaría destinada aos propios internautas, xa instalados nesas aldeas recuperadas ou en proceso de instalación, cun foro para resolveren dúbidas, faceren consultas, intercambiaren experiencias, solicitaren axuda, etc.

Promoveríase a difusión deste web entre emigrantes con interese de retornar ou descendentes, como unha proposta atractiva para a súa instalación en Galiza. Tanto que se critica ás veces ao retornado, pero podería contribuir a salvar o noso agro, como xa teño defendido anteriormente desde Fillos de Galicia.

Esta idea podería ter un nome: aldeas-vivas.info.

Quen se anima a poñela en marcha? 🙂

  1. Admin
    20/04/2008 a las 7:49 pm

    Acabo de atopar unha fonte de información bastante útil sobre as aldeas abandonadas de toda España. Algunhas delas teñen algo de información acerca do seu estado.

    Mágoa que ninguén respondera aquí dando o apoio á idea ou ofrecendo colaboración… 😦

  1. No trackbacks yet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: