Inicio > De Reti Commerciali > Promoción turística galega na Rede: unha idea

Promoción turística galega na Rede: unha idea

TurGalicia: espabila!Estes días, coa presenza galega na feira Fitur, e co anuncio de TurGalicia de que van incidir nas novas tecnoloxías para a difusión turística de Galiza, volveron ao meu maxín algunhas ideas e reflexións sobre como poder aproveitar a Rede á hora de promocionar turísticamente un país pequeno como é o noso.

WikipediaParto do dato desde hai anos ben coñecido, de que a maioría dos internautas que viaxan, aínda que non adquiran ou contraten por Internet billetes ou reservas, usa moito a WWW para se informar sobre os lugares aos que viaxa. Así que non comprendo como a estas alturas non temos a Wikipedia (fonte de información por antonomasia na Rede, e que ademais é de libre modificación) inzada de información útil a este respecto para falantes de inglés, francés, alemán, português, etc.

Por que non subvenciona TurGalicia en colaboración coa Dirección Xeral da Sociedade da Información, un equipo de wikipedistas que se encargue de incluir e traducir páxinas nas diversas Wikipedias segundo idioma, para dar a coñecer todas as nosas zonas turísticas, aspectos salientables da nosa cultura, historia, gastronomía, patrimonio, etc?

Vexamos un exemplo do pouco aproveitada que temos neste sentido a Wikipedia: entrada das Illas Cíes. Só existen noutros 4 idiomas máis, non contando o español. En português por exemplo, turistas de alto interese pola viciñanza, apenas contén nada a páxina. En alemán (interesantes polo alto poder adquisitivo), outro tanto. E poderiamos seguir analizando moi diversos lugares de interese turística, monumentos, festas, etc. que apenas aparecen noutros idiomas (cando non temos a carencia mesmo en galego!).

Costaría ben pouco e tería importantísimos resultados a nivel de información. Se un internauta dispón de máis información turística e mellor situada nos buscadores (aí a Wikipedia é imbatible) que outra rexión, podemos atraer moitos turistas indecisos para a nosa terra. Penso que iso é moito mellor que non centrar todos os esforzos nos contidos do propio web de TurGalicia, que ten unha posición moito peor e polo tanto é moito menos atopable.

Categorías: De Reti Commerciali
  1. No hay comentarios aún.
  1. No trackbacks yet.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: