Inicio > De Stultitia in Reti > Crítica a Pascual Serrano

Crítica a Pascual Serrano

Pascual SerranoPascual Serrano, un dos creadores do webzine contrainformativo Rebelion.org, fala a cotío da importancia de contrastar a información, unha das eivas, disque, deste tipo de medios. Pero el cae na incoherencia de non soamente non contrastar algún dos datos que máis lle gusta repetir cando fala do nacemento do seu medio (seu e dun pechado grupo dunha ducia de xestores, segundo el mesmo recoñece e defende), senón que cando se lle fai ver que son errados, insiste en continuar espallando esa desinformación.

Estoume a referir a certas apreciacións que lle lera primeiramente no bimensual Diagonal, e que despois de llos ter rebatido nunha carta ao mesmo medio, en esixencia dun maior rigor, hoxe lle volvín escoitar na gravación da súa conferencia en Compostela no pasado outubro no simposio Pobre Mundo Rico. A saber: que en 1996, cando botou a andar o seu webzine, non existían medios de comunicación en Internet, que non existían os buscadores, e… (isto é novo e mesmo máis falso) que apenas existía o correo electrónico. Faría ben Pascual Serrano en documentarse mellor, porque ou lle falla a memoria ou coñecía moi mal a Rede daquela e non se molestou en paliar ese descoñecemento nestes xa case 12 anos. O que non ten xustificación ningunha é que cando se lle corrixen os seus erros dando datos acerca da existencia de medios online, buscadores, newsgroups, etc. naquelas datas, el teime en negalos, como quen quixer gabarse de ter inventado a roda ou colgarse a medalla de pioneiro absoluto nunha Rede que aínda hoxe demostra non coñecer especialmente ben: velaí como mostra a súa errada apreciación de que os usuarios que envían novas a Menéame non achegan nada novo ás mesmas e se limitan a copiar a ligazón, cando o seu xeito de titularen e presentaren mediante comentarios de seu as novas ten unha clarísima incidencia na difusión e éxito das mesmas. Ou cando afirma que acaba de coñecer FirmasOnLine, un vello sistema de votación de iniciativas populares por Internet, que cuxa utilidade el despreza simplemente porque inclúe publicidade (pero isto merecerá outro comentario noutro lugar).

Así que unha vez máis, desde aquí, esixo rigor a quen desde múltiples púlpitos fala como experto da contrainformación na Internet.

Anuncios
Categorías:De Stultitia in Reti
  1. admin
    23/03/2008 en 4:41 pm

    O e-mai naceu en 1965 (fonte: Wikipedia).
    Altavista, full-text search engine da empresa Digital, nace en 1995 (fonte: Wikipedia).
    O primeiro webzine data de 1984 (fonte: Wikipedia).
    Outra maneira de accedermos a novas alternativas online en 1996 eran os newsgroups, que empezaron a funcionar en 1979 (fonte: Wikipedia).

  1. No trackbacks yet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: