Archivo

Archive for 05/04/2008

A prol dunha estrutura de coordinación de proxectos culturais galegos na Rede

Quero deixar aquí plasmado o bosquexo dunha idea que callou na miña cabeza aí atrás, despois de varios anos de percibir que o «complexo castrexo» (cada un no seu castro, virado de costas para os veciños) que se nos bota en cara aos galegos moitas veces, tamén afectaba aos valiosos proxectos que dotan á Rede Galega de hoxe en día de tanto e tan interese contido. Non quero demorar máis a súa publicación, porque preciso liberar a miña cabeza e a morea de papeis sobre o meu escritorio para reflexionar sobre outros temas que me preocupan ultimamente. Velaquí logo a idea por se lle serve a alguén:

Trataríase de solucionar esta desconexión de proxectos mediante a creación dunha estrutura de coordinación e xestión profesional de todos aqueles proxectos que unan cultura/idioma + NTIC.

Funcións:
– Coordinación.
– Promoción da sinerxia.
– Captación de fondos.
– Xestión de recursos: entre eles, bolseiros, proxectos de I+D, etc.
– Xeración de novos proxectos.
– Contabilidade??
– Xestión e asesoramento fiscal, laboral, xurídico, etc??

Recursos precisos:

– 1 persoa a xornada completa (ou talvez abondase a 1/2 xornada).
– Salario: aprox. 1.500 euros/mes.
– 1 oficina + 1 PC.
– 1 teléfono + Internet.

Ingresos:
– Os gastos serían divididos entre os participantes.
– Sumaríaselle financiemtno público inicial e/ou periódico (Consellaría de Innovación e Industria??).

Coido que podería limitarse unicamente aos proxectos sen ánimo de lucro, pero habería que miralo ben.

Penso p.ex. en proxectos como Arredemo, Fillos de Galicia, Blogaliza, A Ciberirmandade da Fala, Chuza?? etc.