Archivo

Archive for marzo 2009

Como descargar vídeos (FLV) do Google Video con Seamonkey

Hoxé, á vista de que non me funcionan xa os descargadores que adoitaba usar hai uns meses (antes de que comezasen os meus cambios no equipamento informático dispoñible): Keep it! e All-in-one Video Bookmarklet, tiven que pescudar unha nova maneira de baixar vídeos do Google Video, para conservar as gravacións da VII Conferencia de ASPO que tiña localizados grazas ao blog de Gabriel García Tobar.

Velaquí as sinxelas instrucións para Mozilla Seamonkey:
1) Visualizar o vídeo (agardar a que cargue) na páxina onde estea incrustado ou mellor no Google Video.
2) Ir a about:cache no navegador.
3) Listar entradas.
4) Localizar a que corresponde ao vídeo (unha ligazón normalmente moi longa).
5) Premer nela ata que o navegador nos pida gardar como.
6) Gardar como .FLV e voilà!

Requisitos do método: debes ter configurado o cache do navegador cun tamaño de abondo para conservar os arquivos que queres descargar.

Categorías: De Technologia Retis