Archivo

Archive for junio 2010

Vivimos en un eterno setiembre

http://es.wikipedia.org/wiki/Septiembre_Eterno

Septiembre Eterno (también Gran Septiembre, Septiembre que nunca acabó, Septiembre perpetuo o Septiembre sin fin) es una expresión de la jerga de Usenet para referirse el periodo posterior a septiembre de 1993. El uso de esta expresión se refiere a la creencia de que el flujo constante de llegada de usuarios novatos ha ido degradando progresivamente el nivel de discusión y comportamiento tanto en Usenet como en general en Internet.

O principio de autoxestión e as ferramentas de Internet

Atópome con frecuencia con persoas e colectivos que malia defender os principios e valores da autoxestión, da independencia con respecto ao capitalismo, etc. non teñen reparos en utilizar ferramentas e recursos de Internet ofrecidos por empresas.

Así, usan Google Groups ou Yahoo! Groups para comunicarse no canto de listas de correo ou foros aloxados nos seus propios dominios, blogs de balde aloxados en WordPress.com ou en Blogspot.com (propiedade do Gran Irmán Google, lembremos) en troques de crealos e mantelos nun hosting propio, emails en servizos de webmail como Gmail ou incluso o aborrecible Hotmail no canto de vencellalos co dominio propio da organización.

Resúltame moi chocante esta incoherencia e atribúoa máis ben ao descoñecemento das opcións que existen para xetionarmos na medida do posible toda a nosa comunicación interna e externa polos nosos propios medios dependendo como moito dun ISP comercial e dun hosting que ben pode ser social (ofrecido por unha entidade sen ánimo de lucro compatible cos nosos principios), ignorancia sobre estratexias comunicativas online… e se cadra tamén a certo fanatismo inxenuo por empresas como Google, pouco coherente cos principios da autoxestión non capitalista.