Archivo

Archive for the ‘De Reti Publica’ Category

Canto vale o que fai a Secretaría Xeral de Emigración en Internet?

O portal GaliciaAberta, que tantas veces critiquei desde dentro e fóra de Fillos.org, vale segundo o tasador automático de dominios activos LeapFish, algo menos de 700 dólares. Isto é moi curioso porque aposto a que aos cidadáns de Galiza lles costou bastante máis, grazas a que o anterior goberno da Xunta contratou non se sabe moi ben a quen, non se sabe moi ben por cánto, para facer cun dos CMSs propietarios (con licencia) máis caros que hai (Vignette) unha mala copia dos webs que Fillos.org viña loitando por construir con software ceibe desde moito atrás, e sen apoio público digno de tal nome. Debería alguén tomar nota do resultado: Fillos.org vale para LeapFish máis de 73.000 dólares.

Quen dixo investir con xeito? Quen dixo eficiencia na xestión pública? Quen dixo tirar os cartos? 😉

PS: Agora saíron cunha historia dunha Rede Virtual (alguén me pode explicar que carallo é iso?) do Patrimonio dos Centros Galegos. Están a tempo de non caer no mesmo erro. Ímolos estar vixiando, pero preferiríamos que contasen co noso asesoramento, algo doado tendo un chisco máis de trasparencia e un chisco menos da soberbia e ignorante autosuficiencia á que nos ten acostumados o poder.

Concellos des-electrónicos!

12/06/2006 2 comentarios

Dentro dunha campaña de RedeGalega veño de enviar varios e-mails aos concellos que dispuñan deles nas respectivas fichas do web da FEGAMP. Velaquí unha recopilación dos rebotes recibidos:


vilasantar@fegamp.es; Fallido; 5.2.2 (buzón de correo lleno)
abadin @fegamp.es User unknown
ccarballedo @teleline.es User unknown
User quota exceeded: SMTP concello .arua@eidolocal.es
arbo @fegamp.es User unknown
info @rodeiro.com reason: 550 That e-mail address does not exist
Unrouteable address: cabanas@dicoruna.es
correo@sobrado.dicoruna.es Mail quota exceeded.
correo@trazo.dicoruna.es Mail quota exceeded.
ayuntamiento -negreira@iname.com: User unknown
sixoutes @fegamp.es Mailbox disk quota exceeded
acaniza @fegamp.es User unknown
ribasdesil @databasedm.es Relaying not allowed
info @curtis-teixeiro.com reason: 550 Host unknown
quiroga @fegamp.es User unknown
correo@carnota.dicoruna.es Mail quota exceeded.
beariz @beariz.org: Recipient address rejected: User unknown in virtual alias table
correo@concellodequeixa.org The User is out of space.
camarinnas @cesatel.es... User unknown
concello @cedeira.org: Recipient address rejected: User unknown in virtual alias table
info @ayuntamientodesada.com (reason: can't create (user) output file) Quota exceeded while writing
concello @burela.org: Recipient address rejected: User unknown in virtual alias table
monforte @virtugal.es... Host unknown
correo@laracha.dicoruna.es Mail quota exceeded.
correo@ordes.dicoruna.es Mail quota exceeded.
alcaldia@melide.dicoruna.es Mail quota exceeded.
bernardo.diez@portodoson.dicoruna.es Mail quota exceeded.
info @barbadas.com... User unknown
correo .ponteareas@fegamp.es Mailbox disk quota exceeded
salceda_de_caselas @fegamp.es User unknown
webmaster @porrino.com: Recipient address rejected: User unknown in virtual alias table
concello .viladecruces@fegamp.es User unknown
carralconcello.info: Name server timeout. Message could not be delivered for 3 days. Message will be deleted from queue

Aínda que os feitos falan por si sós, coido que cómpre facer os seguintes comentarios:

  • Semella terceiromundista a cantidade de concellos que non dispoñen a estas alturas dun correo-e válido. E xa por non falar dos que non teñen web oficial! Pero esa é outra historia.
  • Se o correo que figura no web da FEGAMP xa non é válido, mal pola FEGAMP que non os mantén actualizados…
  • …sobre todo os varios que son do propio servidor de correo da FEGAMP….
  • …pero tamén mal polos propios concellos que non se molestan en redirixir os antigos, sobre todo cando a maioría pertencen a portais da administración que non deberían lles poñer ningún problema para o facer. Non redirixir os concellos semella unha falta de respecto á cidadanía de difícil excusa.
  • Moitos dos rebotes son debidos a que simplemente se lles encheron os buzóns, cousa que fala ás claras da pouca frecuencia con que len os seus enderezos, ou do pouco caso que lle fan ao e-mail.
Categorías: De Reti Publica

Concellos galegos en Internet: a Xunta recolle a luva

Xusto dous meses despois do impacto producido en certos medios do I Informe sobre a presenza en Internet dos concellos galegos, dirixido por min para RedeGalega.org (o departamento de servizos de Internet da A.C. Fillos de Galicia), a Xunta recolle a luva guindada por nós. Concretamente Vieiros nos informa de que o director xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, Juan José Gómez Romero, vai liderar unha mellora e unha vixianza permanente desta presenza web. Aplaudimos a iniciativa e espero que recoñezan a decisiva importancia do noso informe nesta iniciativa. E mesmo que conten connosco para eses traballos.

O que non sei moi ben cómo interpretar é cando se di na nova que:

Gómez Romero recoñeceu que as análises que se realizaran deica agora fixéronse sen a implicación dos propios concellos, de forma que os propios gobernos municipais non chegan a ser conscientes dos seus défices en internet.

Albíscase algo así coma un reproche nesa alusión ao noso informe? Claro que o fixemos sen a implicación dos concellos. Porque non temos os recursos dos que poden dispoñer as administracións públicas para abrir canles de comunicación globais con eles; xa abondo traballo foi facer o estudo dos webs como para gastar un tempo que ninguén nos pagaba en contactar con eles previamente. Así de triste e así de sinxelo.

Ademais… que tería achegado? A maioría deles non saben nin o que teñen en Internet. Non se entende doutro xeito que poidan ter uns webs tan defectuosos. E o vencello que fai Gómez Romero entre implicación e consciencia non o vexo eu tan claro. Se se parte dunha implicación do concello (de que tipo, por certo?) vaise asegurar que lles chegue mellor a análise, que se lles meta na cabeza a súa mensaxe? Home, se a encargan eles, é posible. Pero unha iniciativa como a de RedeGalega, que eles non encargaron e da que non tiñan coñecemento, penso que non é atranco ningún para que sexan conscientes dos resultados. Seica non len a prensa? Cantas veces temos chamado aos concellos desde Fillos de Galicia para non conseguir falar case nunca cun interlocutor axeitado! RedeGalega comunicou os resultados á sociedade a través dos medios de comunicación. E de aí chegou ás institucións, o cal demostra que o camiño non era ineficaz.

Por suposto que a comunicación podía ter sido mellor e os resultados chegar antes ou ser máis decididos, pero a optimización dos nosos precarios recursos fixo que non tivéramos opción.

Agora estaremos atentos ás medidas que se tomen. Nós estamos á disposición tanto de cada concello como de calquera departamento da Xunta ou da FEGAMP para colaborar na mellora da presenza en Internet dos concellos.

Eles non se preocuparon ate o de agora, iso é un feito. Agora fano grazas ao noso informe. Para nós xa é unha proba de que o informe deu os seus froitos positivos.

Galicia aberta pero desorientada

Onte puiden comprobar cómo o investimento (aínda non averiguamos a cifra exacta) que fixo o anterior goberno da Xunta de Galicia e que o actual está a reforzar, para a creación e xestión do portal GaliciaAberta está a demostrar a súa ineficacia: namentas o noso web Fillos de Galicia tivo esta semana unha suba desde o posto 294.000 e pico de Alexa ao 246.000, o web clónico creado pola Xunta experimentou unha baixada de máis de 1,8 millóns de posicións!

Isto ao meu entender demostra que facer un web cun obxectivo electoralista, sen analisar primeiro os seus obxectivos, trazar unha estratexia de promoción e definir os contidos en función da segmentación do internauta, mesturando emigrantes con inmigrantes, facendo versións en árabe, e sen contar coa colaboración de quen lles levabamos unha vantaxe de 7 anos no uso de Internet para contactar con/entre os emigrantes galegos, ao final supón un despilfarro e un fracaso en termos cuantitativos.

Esperemos que a rectificación estea próxima. Nós puxemos todo da nosa parte para ofrecer a nosa axuda e que reorienten axeitadamente este invento estraño que foi GaliciaAberta, e facelo algo útil e utilizado.

3 anos para colgar un PDF

03/03/2006 2 comentarios

Onte, despois de 3 anos da súa elaboración, por fin puxeron nun web público da Xunta de Galicia o meu traballo «O papel de Internet na conservación da identidade e cultura galegas entre os descendentes dos emigrantes», que como gañador do premio Galeguidade de ensaio convocado pola anterior Consellaría de Emigración, debía ser publicado polo goberno galego.

E para que así fora tivo que ser necesaria unha viaxe a Galicia e unha entrevista persoal co Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, dentro do marco das conversas que solicitamos co novo goberno PSdeG-BNG desde a nosa Asociación Fillos de Galicia.

Vou tentar explicar un pouco como foi o conto para que se entenda a axilidade e resposta da administración galega. A primeiros de 2004 xa estaba concedido o premio e eu púxenme en contacto coa Consellaría de Emigración para averiguar cándo sairía editado, xa que as obras gañadoras destes concursos que convocaba Emigración eran publicados por eles, como posuidores dos dereitos, tal e como se desprendía das convocatorias tal e como saían publicadas no DOG. Daquela explicáronme que en principio a intención era que saíra durante o ano 2004, pero que como ás veces se procedía a xuntar varias obras premiadas (en varios anos) pois que mesmo podía tardar 5 anos en saír! Eu, como é lóxico, insistinlles na necesidade de proceder á publicación de obra á maior brevidade posible, xa que tratándose dun ensaio acerca de Internet, logo ficaría desfasado, dada a evolución tan rápida que ten a Rede. Entón propuxen como solución temporal fornecerlles unha versión electrónica en PDF que eles poderían publicar no web da Consellaría.

Daquela tamén lles suxerín proceder eu tamén á publicación en paralelo no web de Fillos ou nalgunha outra ubicación. Curiosamente fixéronme saber que esa publicación pola miña banda, non sería ben vista por eles. E así fiquei, logo, sen poder contribuir doutra forma ao espallamento do contido do ensaio á espera de que puxeran a disposición do público, cando menos e o antes posible, na versión en PDF.

Pero os meses e os anos pasaron e vin que non había noticias nin da publicación impresa nin da electrónica. Mesmo cheguei a pensar que estaban demorando a súa publicación por algunha razón pouco confesable (talvez porque puña en evidencia o seu atraso no terreo de Internet e que Fillos de Galicia, sendo unha iniciativa case sen apoio pola súa banda estaba facendo, como moita xente dicía daquela, o seu traballo?). Polo tanto, e aínda a risco de que non o viran ben (manda truco!) procedín sucesivamente á súa publicación dentro de Galeguidade.net, Fillos.org e no meu web persoal.

Agora, tras darlle a coñecer a situación ao Secretario de Comunidades Galegas, procederon a publicalo por fin, precisamente no web que segundo algunhas opinións, foi deseñado polos anteriores responsables do PP baseándose na miña obra nunca publicada: GaliciaAberta. Iso si, agachado no absurdo listado alfabético de obras da súa sección de libros e cunha URL de centos de caracteres.

Agora pregúntome eu se verá algún día a luz a versión impresa, tan necesaria no seu momento para dar a coñecer as posibilidades de Internet aos centros e aos propios emigrantes que aínda non fan un aproveitamento das posibilidades da Rede no ámbito da galeguidade.

Volunet voou, ou?

22/02/2006 2 comentarios

Seica este era o logo da morta VolunetHoxe procurando información para un proxecto dun cliente atopei esta noticia do ano pasado:

Santiago de Compostela acoge la Conferencia Internacional de Voluntariado y Nuevas Tecnologías que pondrá en marcha el proyecto Volunet

La Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, promueve la celebración del 7 al 9 de abril de 2005 en Santiago de Compostela de la Conferencia Internacional de Voluntariado y Nuevas Tecnologías, que pretende ser un foro en el que se den a conocer las posibilidades e iniciativas que existen en la red en el ámbito de la solidaridad. La conselleira de Familia, Pilar Rojo, presentó en la capital gallega este foro internacional, que servirá para poner en marcha el proyecto Volunet, una iniciativa que busca facilitar a las entidades de acción voluntaria gallegas su entrada efectiva en la sociedad de la información. Volunet se prolongará hasta enero de 2006 y podrá ser renovado por períodos de un año en función del cumplimiento de sus objetivos. (…) Para participar en esta conferencia internacional debe formalizarse la inscripción a través de la web de Volunet (www.volunet.net) desde el 1 de marzo hasta el 1 de abril. En este proyecto de la Consellería de Familia e Voluntariado también participan las universidades de Santiago y de A Coruña, colabora la Dirección Xeral de Tecnologías de la Consellería de Innovación y patrocina Sunmicrosistem.

Parece evidente que o proxecto fracasou, visto o que se pode atopar a día de hoxe nese enderezo web 😦

Así vai o desenrolo da Sociedade da Información en Galiza…

Categorías: De Reti Publica

Hainos que non dixiren ben as críticas

13/02/2006 1 comentario

É triste dicilo, pero neste país, era de esperar. Hoxe recibín na miña conta de RedeGalega.org unha segunda mensaxe anónima procedente do enderezo nunhes EN gmail.com que fala ás claras que de houbo a quen lle sentou bastante mal o noso Informe sobre a presenza en Internet dos Concellos Galegos.

Primeiro copio as mensaxes e paso a comentalas:

Subject: MANDA CARALLO NA HABANA !
From: 4111305*
Date: Fri, 10 Feb 2006 19:14:54 +0100
To: redegalega@fillos.org

…contratando a RedeGalega.org a realización do voso proxecto en Internet ( sitio web, portal, intranet, tenda virtual, marketing on-line, etc.) ou o voso hosting (aloxamento web), estaredes contribuindo a conservar a cultura galega na emigración , á recuperación do idioma galego entre os fillos e netos dos emigrantes, a dar a coñecer a realidade da Galiza de hoxe aos galegos do exterior, a recuperar o contacto entre as familias que o perderon por culpa desa fenda histórica que é a emigración…

que espelido!
supoño que as tarifas tamen son solidariamente galegas non si;)

saluz!
fabrica

Eu non sabía cómo tomar a pregunta. Parecía ir con retranca, pero un nunca sabe.

Xa a que chegou hoxe non me deixou lugar a dúbidas:

Subject: MANDA CARALLO NA HABANA !
From: 4111305*
Date: Mon, 13 Feb 2006 15:28:04 +0100
To: RedeGalega

Tratariase de que xente tan boa e solidaria coma ti formara parte dun coletivo,
poderiamoslle chamar:
– Pandilla de tios jeta que se dedican al intrusismo profesional con mas falta de verguenza que eficacia.
A ti temoste seleccionado para presindente de honor,
unha cousa asi como:
O Fraga Iribarne da Internet.
Mola non si!


saluz!
fabrica

A min paréceme que a algunha persoa das que fixeron algún dos webs que analizamos no noso informe non lle sentaron ben as críticas ao seu traballo. Eu penso que só caben dúas actitudes cando un recibe unha crítica profesional: ou ben recoñecer os erros e tentar enmendalos, ou ben pagala co mensaxeiro.

O que non son capaz de entender é esa acusación de intrusismo profesional. U-lo intrusismo? A única diferenza entre RedeGalega e calquera outra organización ou empresa que desenvolva servizos de Internet coma as que fixeron os webs municipais obxecto de análise, é que RedeGalega non ten ánimo de lucro. É aí onde atopa este señor ou señora o intrusismo? Ou talvez en que quen dirixa o equipo de RedeGalega sexa un Licenciado en Informática (por lei equivalente ao título actual de Enxeneiro en Informática) pola Universidade de Deusto, con 10 anos de acreditada experiencia no ámbito de Internet?

É doado insultar, acusar de intrusimo e de falla de eficacia (???). O difícil é desenvolver con honestidade a profesión dun, e aprender humildemente a mellorar…

Por que en lugar de estes berrinches, non fai a xente ben o seu traballo? Ai moito trapalleiro solto neste mundo, e nós non imos calalo. Os seus traballos están publicamente visibles, e expóñense a críticas de calquera. E se ademais reciben cartos das arcas públicas a cambio de traballos deficientes, temos aínda máis dereito a poñelo en evidencia.

De todos xeitos o que máis nos importa en RedeGalega é que os concellos tomen nota do que fixeron ate o de agora en Internet (ou o que deixaron de facer), como e con quen. E que tomen medidas para facelo mellor no futuro. Polo beneficio da sociedade galega.

Informe de RedeGalega.org sobre os webs municipais galegos

03/02/2006 1 comentario

Está merecendo bastante atención dos medios este informe que tiven a honra de dirixir. O alucinante é:

  • Que ninguén pensara en facer este estudo antes.
  • Que teñamos tantos concellos sen web.
  • Que teñamos tantos concellos con web, pero a nome doutros.
  • Que teñamos tantos concellos con webs practicamente inútiles.
  • Que teñamos tantos concellos con webs que non cumpren as leis.
  • Que teñamos tantos concellos con webs que non están en galego.

Lembro aos lectores que o informe está dispoñible para descarga desde RedeGalega.org. Xa levamos máis de 130 descargas desde esta mañá… esperemos que algunhas delas sexan feitas desde os concellos e que tomen boa nota.

Todos ilegales

El próximo 1 de enero va a producirse un curioso fenómeno, al combinarse el artículo de la LSSI que obliga a todos los webs públicos a ser accesibles (para discapacitados y ancianos) antes de dicha fecha, y el que convierte en ilegal a cualquier web que enlace con otro que sea ilegal. Así pues, como la mayoría de webs públicos no se han adaptado para hacerse accesibles, todos los que sigan teniendo un enlace con ellos el año que viene, ¡se convertirán en ilegales automáticamente! Otra prueba más del sinsentido de esta ley, que tan absurdamente puso en marcha en PP y que más absurdamente permite que siga vigente el PSOE.

Galicia Aberta, tremendo jallejo, oístes!

Subscribinme ás novas do portal que a Xunta fixo copiando o noso de Fillos.org, e vexo que van polo camiño habitual. O título do boletín que me envían é un exemplo de bilingüismo armónico:

Boletín informativo de GaliciaAberta: gallego (Dende 12/12/2005 Ata 18/12/2005)

Se se supón que é a versión en galego do boletín… a que ven ese gallego en castelán? E dende pensaba eu que xa fora desbotado hai tempo pola Real Academia da Lingua Galega como barbarismo. E xa por rematar… non se prefere agora ate fronte a ata? Vamos, un premio para os encargados da revisión lingüística do portal. Como non se lles dea mellor o árabe