Archivo

Posts Tagged ‘cabana’

O último en manipulación informativa na Internet: La Voz de Galicia

É coñecido —e amplamente denunciado— o apoio interesado que La Voz de Galicia e todo o seu grupo mediático está a prestar ao brutal proxecto mineiro que está a preparar en Corcoesto (Bergantiños).

O que me sorprendeu hoxe foi coñecer unha nova e sutil forma de manipulación informativa que están a usar en Internet, xogando a darlle a volta a un titular na URL da nova. Así, a páxina da nova titulada A plataforma cabanesa pide aos bancos que non apoien a mina de ouro, difunde xusto a mensaxe contraria para aqueles que só vexan a URL (...plataforma-cabanesa-pide-bancos-apoyen-mina-oro) —p.ex. difundida por email— e non cheguen a facer clic e entrar a vela. Coido que non se trata de ningún erro informático nin que o seu xestor dinámico de contidos elimine os adverbios de negación automaticamente. Penso que se trata doutra sutil axuda ao proxecto da empresa Edgewaters, unha axuda agachada e bochornosa, aínda que non extraña nun medio que xa me ten dado suficientes mostras de ser parcial e retorcer a realidade na súa comenencia.