Archivo

Posts Tagged ‘GIOSgz’

En que fallan máis os movementos sociais galegos á hora de usaren Internet?

01/05/2013 1 comentario

(Entrada publicada previamente no blog Textos de Casdeiro.)

Guía de Internet para as organizacións sociais - Un proxecto financiable mediante crowdfundingDentro do meu proxecto para unha Guía de Internet para as organizacións sociais galegas, gustaríame ir recollendo as opinións da xente implicada nos movementos sociais para detectar puntos que necesiten ser reforzados nesta obra que quere axudar a que usemos con maior eficacia a Rede para conseguir os nosos obxectivos.

Anímate a deixar a túa opinión e difunde entre outros colectivos para que deixen aquí, en forma de comentario ao final deste post, o que para eles é no que máis fallan, as maiores lacunas que teñen á hora de usaren Internet ou se pensan que usan este medio dunha maneira óptima.

Tendo as vosas opinións ao respecto en conta a Guía será máis completa e atenderá mellor as necesidades concretas e reais das nosas organizacións. Grazas pola vosa participación!